Amosando publicacións coa etiqueta lectoescritura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lectoescritura. Amosar todas as publicacións

mércores, 12 de outubro de 2022

PRÉSTAMO DE LIBROS

  Comenzamos o primeiro venres de outubro co prestamo de libros para casa. Ao rematar a xornada e comenzando polo encargado/a do día, cada un/unha escolle o libro que quere levar a casa e que deberá devolver á semán seguinte.

O noso panel coas portadas de libros e nome do alumnado é de gran axuda.




domingo, 25 de setembro de 2022

BOTELLA DA CALMA

 Actividade a través da cal co recortado de papeliños e identificación dos nomes dos compañeir@s traballamos a psicomotricidade fina e a lectoescritura a través dos nomes propios.

Na casa podemos ampliar a actividade con novos nomes (da familia, mascotas...) que poden escribir eles e elas ou darllos xa escritos.                                                                                                                  




xoves, 28 de abril de 2022

domingo, 15 de novembro de 2020

PINTANDO O PATIO


Exemplo de momentos de xogo libre que se poden convertir en situacións de aprendizaxes significativas.
           

martes, 21 de abril de 2020

"PAJARITA DE PAPEL"

No aula virtual do cole podedes atopar este conto de kalandraka moi adecuada para traballar a lectura cos nenos e nenas desta idade. Está en formato pdf para que poidades descargar e imprimir se queredes. A ruta é a de sempre pero agora deberedes ir a INFANTIL/ 3ª avaliación. 
Se non podedes imprimir podedes acceder igualmente e velo na pantalla do ordenador.
Se non, podédelo ver no vídeo que deixo máis abaixo.
Despois de ler ou ver o conto, deberedes respostar ás seguintes preguntas:
1- Onde pon no título PAJARITA, e onde PAPEL? Cantas letras ten cada unha? Por que letra empezan? Saberías decir nomes ou palabras que empecen por "P"? Se queres podes facer unha lista con elas.
2- Podes contar as palabras que hai en cada páxina do conto?Lembra que son palabras e non letras. Pódelas separar primeiro cunha raia vertical
3- Busca no conto tódalas palabras que empecen por "P". Atopas a diferencia entre a palabra "PAJARITA" e "PAJARITO"?
4- Atopas algunha palabra que empece pola letra do teu nome?
5- Poderías atopar no conto a palabra "MESA"? e "AGUA"?




ANÍMASTE A FACER A TÚA "PAJARITA DE PAPEL"?

martes, 14 de abril de 2020

TRAZOS

É IMPORTANTE SEGUIR TRABALLANDO O TRAZO. AQUÍ TEDES UNHA FORMA DIVERTIDA. PRIMEIRO REALIZANDO O TRAZO CON ROTULADOR E LOGO REPASANDO CON DISTINTOS MATERIAIS QUE TEÑADES POR CASA


mércores, 1 de abril de 2020

NA COCIÑA

Hoxe na cociña propóñovos un reto

1º.-Debedes atopar todos os aparatos que necesiten electricidade para funcionar.

2º.-Pide a un adulto que escriba, o nome de cada aparato que atopaches, nunha tarxeta de papel con letras maiúsculas.

3º.-A continuación intenta pegar todas as tarxetas nos aparatos eléctricos correspondentes. As primeiras veces pode que precises axuda dun adulto. Finalmente seguro que o podedes facer soiñ@s. 

xoves, 26 de marzo de 2020

MEMORY DE NOMES e SOPA DE LETRAS

MEMORY DE NOMES

Seguindo cos nomes propios dos compañeiros e compañeiras de clase, podedes xogar hoxe ao memory facendo parellas de nomes iguais.

Achégate ao AULA VIRTUAL do cole e no cartafol de LECTOESCRITURA que está no cartafol de 4 ANOS A (actividades para imprimir) atoparedes as TARXETAS DE NOMES DO ALUMNADO.
Unha vez recortadas ponnas boca a baixo (non todas que serán demasiadas) e vai destapando de dúas en dúas e formando parellas de nomes iguais. Non esquezas imprimir a folla de tarxetas dúas veces para ter 2 nomes iguais de cada alumn@.

*Se non tes impresora na casa podes elaborar tí as tarxetas ou pide axuda a un adulto.

SOPA DE LETRAS

No mesmo cartafol onde se atopan as tarxetas dos nomes tes unha nova sopa de letras: SOPA DE LETRAS NOMES 2 con 4 novos nomes de alumn@s. Anímate a atopalos!!!

*Se non tes impresora na casa podes pedir axuda a un adulto para que te faga a sopa de letras.

mércores, 25 de marzo de 2020

TRAZOS

Hoxe vos propoño un divertido xogo para practicar o trazo.
Só tedes que poñer nun folio varios pequenos elementos (pezas madeira, botóns, fabas...)dispostos do xeito que tí queiras e facer trazos intentanto non tocar as pezas. 
Unha vez finalizado tes uns bos circuitos para repasar cos coches que teñas na casa ou calquer outro xoguete. 

NON CORRAS MOITO PARA NON SAÍR DA CARRETERA


martes, 17 de marzo de 2020

18 DE MARZO

XOGO DA OCA DE LETRAS

Hoxe propoño un xogo moi divertido para poder usar calqueira día desta cuarentena.
No Aula Virtual do cole, en 4 anos e dentro do cartafol de LECTOESCRITURA podedes descargar e imprimir o "XOGO OCA LETRAS".
Para xogar só necesitades un dado e unha ficha (boneco, coche...) para ir avanzando en cadrados segundo o número que sae no dado.
Cando caemos nun cadrado debemos decir un nome da clase que empece por esa letra (quen o precise pode utilizar a caixa dos nomes como axuda).


Tedes moitísimas opcións para este xogo segundo as necesidades e os gustos de cada quen:

- Podedes usar outra categoría de nomes: "animais" por exemplo (se tedes a caixa de tarxetas preparada moito mellor para poder usar. Lembrade que cos nomes da clase lles resultará máis doado xa que están máis afeitos)
- Podedes usar as consignas que aparecen ao final do taboleiro: palabras que conteñan esa letra, palabras que rematen con esa letra...
-Poden, cando caen nunha letra, decir a palabra pero tamén a poden escribir.
-Poden usar dous dados e sumar o resultado antes de avanzar coa ficha.
-Podedes imprimir dúas veces o taboleiro do xogo para que sexa máis longo.
-....

*Na entrada anterior do blog tedes un tutorial para entrar na aula virtual



luns, 16 de marzo de 2020

17 DE MARZO

Parece que hai algúns problemas para entrar no aula virtual do cole. Cando se resolvan os problemas avisarei, a través do blog, para que poidades entrar e colgarei material para que poidades imprimir directamente.

ACTIVIDADE DE LECTOESCRITURA

SOPA DE LETRAS



Podedes elaborar máis sopas de letras con outros nomes

ACTIVIDADES DE LÓXICA-MATEMÁTICA

CAIXA DE NÚMEROS

Elabora a túa caixa dos números dende o 1 ata o 20 por exemplo


Marca o lugar de inicio e a frecha da direccionalidade si o necesitas



sábado, 14 de marzo de 2020

NOME PROPIO

EMPEZAMOS!!!!

Durante estes 15 días faremos distintas actividades con nomes propios
Para poder empezar necesitamos facer tarxetas cos nomes (do alumnado ou podemos añadir outros sobre todo para os nenos e nenas que xa sepan ler e escribir todos os da clase sen axuda).
As tarxetas gardarémolas nunha caixa cunha etiqueta de: "NOMES"
Tanto o recortado e a escritura de tarxetas pódeno facer os propios nenos e nenas coa axuda dos maiores. Os adultos debuxaran as tarxetas e os nenos e nenas recortarán pola línea.

ÁNIMO RAPAZADA!!!!



domingo, 16 de febreiro de 2020

ESCORNABOTS

Hai uns días a familia de Ramón, da clase de 4 anos B, decidiu doar á súa clase dous escornabots construidos por eles e prestarnos, por uns días, outros dous. Deste xeito, despois de que a profe Isa, nos deixara por uns días os robots, tivemos na nosa aula a estes catro simpáticos visitantes que "conectaron" enseguida coa rapazada.
Como podedes ver no vídeo, ao principio parece que costa un pouco dar as órdenes de movemento ,pero enseguida fano cada vez máis rápido e sen dubidar. O seguinte paso será dar varias órdenes seguidas e ir complicando o xogo segundo a evolución do alumnado.
Conteo, orientación espacial, lectoescritura, respeto polo turno, traballo en equipo son algunhas das contidos traballados coa actividade tendo ao xogo como nexo motivador.

martes, 8 de maio de 2018

MAKING OFF. CÓMO SE FIXO "AS MANOPLAS DE CARAPUCHIÑA"

A continuación podedes ver o vídeo do making off da curta que presentamos ao "CONCURSO DE CURTAS DE ANIMACIÓN EN GALEGO NÓS TAMÉN CREAMOS!",promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e mais con OQO editora. 

 Todo o proceso, como poderedes ver, foi unha gran experiencia para o alumnado, principal partícipe na elaboración da curta, tanto na creación de persoaxes, escenarios, voces, texto como no mesmo proceso de realización de fotogramas a través do programa OQO Mottion facilitado pola editorial OQO.

Quen sabe si...algún ilustrador/ora, director/ora de cine ou mesmo actores e actrices do futuro sairán desta canteira de nenos e nenas.


martes, 1 de maio de 2018

OBTENDO INFORMACIÓN RELEVANTE

Aprender xa dende pequenos a seleccionar a información necesaria para algún tipo de traballo, é doado se saben cómo.
Primeiro tiveron que escoitar un vídeo duns 8 minutos no que se falaba do mundo das abellas e posteriormente, por grupos, debían lembrar aspectos importantes que  descoñecían sobre as abellas e o encargad@ de grupo tiña que ir apuntando nun folio as aportacións dos compañeiros.

Tanto o proceso como o resultado foi increíble para ser a primeira vez que o facían. Podédelo ver no seguinte video

AUTÉNTICOS INVESTIGADORES





domingo, 1 de abril de 2018

O XOGO DO MONIGOTE

Adaptación do clásico xogo do aforcado  co que podedes xogar na casa:
1.- decirlles o número de letras da palabra que terán que apuntar no espazo correspondente e tachar as casillas que sobran ( si sobran)
2.- comenzar a decir letras e escribilas no lugar correspondente (diremos en que número de casilla está)
3.- unha vez descuberta a palabra contar con palmas o número de sílabas.

IMPORTANTE: facerlles pensar, que vaian lendo a medida que aparecen letras, que anticipen posibles solucións sen medo a equivocarse e sobre todo... que disfruten mentras aprenden. 


sábado, 31 de marzo de 2018

DÍA DA POESÍA."O MELLOR COLE DO MUNDO ENTEIRO"

Esta é a poesía que inventamos toda a clase para agasallar ao noso cole no seu 50 aniversario con motivo do "Día da Poesía" (21 de marzo). Formará parte dun gran libro con todas as poesías do alumnado.