xoves, 19 de decembro de 2019

VISITA DE PLUTO E LÚA

Pluto non ten ollos e Lúa un corazón enorme. Unha parella adorable que onte visitaron aos nenos e nenas de Infantil.

Grazas aos dous por esta bonita experiencia que emociona e invita á reflexión.

ADOPCIÓNS CHEAS DE EMOCIÓNS



AGASALLOS PARA O REFUXO DE BANDO

Xa temos listos os xoguetes para os animais do Refuxo de Bando.
Eles tamén queren xogar




domingo, 15 de decembro de 2019

FORMAS XEÓMETRICAS

No seguinte vídeo podedes ver un anaco de cómo, a partir da proposta dunha actividade (e das pequenas pistas que vou dando) e a través da curiosidade, da experimentación, do descubrimento, do traballo en equipo, os nenos e nenas avanzan no seu pensamento matemático.

Partindo sempre do máis simple, do coñecido, chegan a metas que a eles mesmos lles sorprende. 

Neste caso partindo de figuras xeómetricas coñecidas i en plano, pasamos a outras máis complexas i en tres dimensións...  sempre a través do xogo como ferramenta motivadora.


CUMPREANOS DE LÍA

Un ano máis, o cumpreanos de Lía, avísanos de que xa queda pouquiño para o Nadal.

PARABÉNS LÍA!!!






DÍA DE CINE

A semana pasada desfrutamos dunha sesión de cine na sala Numax. Dentro do programa escolar "NUMAX na escola", asistimos ao visionado da peli: "Sopa de piedras y otro cuentos"

FANTÁSTICA EXPERIENCIA que seguro repetiremos nos vindeiros cursos.




martes, 26 de novembro de 2019

25 NOVEMBRO. CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


A partir do conto "Enamorados", un conto que enternece o corazón, tanto polo seu texto como pola súa ilustración, os nenos e nenas aprenden que amar é cousa de sentimentos. Pero eses sentimentos só teñen sentido nunha dirección: a de facer feliz a quen se ama. 
No libro hai unha extraordinaria reflexión sobre o qué para os nenos e nenas estar namorados/as. Na clase, antes da lectura do libro, tamén falamos o que é para nós estar namorado/a.

"Enamorados": Rébecca Dautremer Ed.: Kóninos 



Analizamos cada unha das respostas e propuxen, igual que no libro, outras opcións:
Se pode estar namorado/a pero non casado?
Se pode estar namorado/a e non ter un bebé?
Dúas chicas poden estar enamoradas? E dous chicos?
Todas as familias teñen papá e mamá?
Se pode estar namorado/a e estar separado/a?
Estar namorado/a é para sempre?

Chegamos á conclusión de que todo iso era posible.O que non acababan de creer era que Ernesto, o protagonista do conto, poida estar namorado cando a súa actitude non fai feliz a Salomé.







A canción "La puerta violeta" de Rozalem, i esta interpretación en lingua de signos, encantou a nenos e nenas dende o primeiro momento. Escoitamos e analizamos a letra da canción onde un monstruo gris: grita, rompe, agarra, apreta... E, unha nena asustada debuxa unha porta violeta para poder correr, saltar e rir nun campo verde moi lonxe de alí.
Nós tamén fixemos unha porta violeta onde fumos poñendo todas aquelas palabras que tanto Salomé, a nena da canción e todos e todas nós queremos que formen parte dunha relación de amor. E todas as que non queremos, as deixamos fóra desa porta violeta.








domingo, 24 de novembro de 2019

VISITA DE ALUCHE

Este luns tivemos unha visita moi especial na nosa escola: ALUCHE, un can que estivo no Refuxo de Bando e que veu acompañado por Iris e Paula, dúas voluntarias que traballan no centro. Contáronnos cómo foi atopado Aluche, perdido na zona de San Lázaro, e o fraquiño e triste que estaba. Cómo unha das voluntarias decidiu levalo para a súa casa e darlle unha familia. Tamén nos falaron da importancia de adoptar en vez de mercar, e da responsabilidade de ter unha mascota e dos coidados que precisa.
Grazas ao Refuxo de Bando, A Iris, a Paula e a Aluche por esta bonita experiencia, pola labor que fan na protección e coidado dos animais e por concienciarnos da importancia da adopción.

NON MERQUES...ADOPTA

REFUXIO DE BANDO
CLICA NO ENLACE



















domingo, 17 de novembro de 2019

MAGOSTO 2019






Alumnado de 3º A interpretando a obra de teatro "A castaña que reventou coa risa" en lingua de signos. 

FANTÁSTICO TRABALLO. NORABOA!!!!




mércores, 6 de novembro de 2019

VISITA Á BIBLIOTECA DO ENSANCHE

Onte visitamos a Biblioteca do Centro Sociocultural do Ensanche na Rúa Frei Rosendo Salvado nº 16. 
É unha biblioteca mooooooooi bonita cun montón de libros. Temos unha zona para menores de 8 anos que foi a que máis nos gustou con cadeiras, sillas e unha moqueta para podernos deitar no chan.

Como case tod@s temos xa 4 anos, contáronnos como podemos facernos soci@s para poder levar libros a casa (ata 3 contos durante 15 días). Tamén nos contaron que podemos ir de visita cos nosos pais e nais e ler alí os contos que queiramos. 

A encargada da biblioteca leunos 2 contos moi chulos e dounos unha medalla imaxinaria por ser os nenos e as nenas que mellor se portaron do mundo mundial. E así viñeron as profes tan orgullosas do seu alumnado que nunca defrauda nas visitas que facemos.

 CSC ENSANCHE

clica no enlace para acceder á paxina web

Ademáis de todo isto, tódolos martes ás seis e media da tarde, podemos ir a escoitar os contacontos que organizan para os máis pequen@s da casa.

VERDADE QUE MOLA MOITO ESTA BIBLIOTECA????

















CUMPREANOS DE BEÑAT E MARTÍN

Mesmo día, mesmo ano Beñat e Martín sempre cumprirán anos.

PARABÉNS BEÑAT, PARABÉNS MARTÍN

XA TEMOS 4!!!!!!