mércores, 28 de decembro de 2016

EMISIÓN GALA DOS BOLECHAS NA TVG

O Sábado 31 de decembro ás 11:30 e o venres 6 de xaneiro ás 10:30 emitirase,  no Xabarín Club (TVG) a gala dos bolechas á que asistiron os nenos e nenas de Educación Infantil na Cidade da Cultura.

GALA DOS BOLECHAS

TVG

xoves, 22 de decembro de 2016

FELICES FESTAS



CUMPREANOS DE DECEMBRO

O mércores, coa axuda da profesora Silvia, puidemos grabar a festa de cumpreanos do mes de decembro. Os foguetes (un por cada ano) e unha nova incorporación que facemos a partir de agora nas celebracións dos aniversarios....todo un éxito.

PARABÉNS  JORGE, CELIA E SAÚL


"NA CASA DA MIÑA AVOA"

Esta foi a panxoliña que os grupos de 4 anos lle cantamos a tódolos nenos e nenas de Infantil. Cantado, signado e...bailado

martes, 20 de decembro de 2016

GALA DOS BOLECHAS 2016

Este luns os nenos e nenas de infantil fomos invitados á Gala dos Bolechas que se celebraba na Cidade da Cultura.

Si queredes saber o ben que o pasamos só tedes que clikar no video.

FOI XENIAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAL!!!!


mércores, 14 de decembro de 2016

martes, 13 de decembro de 2016

XOGANDO COS DEPRESORES


Os depresores de madeira resultan un material moi interesante para traballar infinidade de actividades dentro do aula de infantil. Unha destas actividades é a construcción de figuras xeómetricas, letras, números... que axudan ao alumnado a afianzar tanto os conceptos lóxico-matemáticos como os de lectoescritura a través do xogo.



OS RETOS DO MES DE DECEMBRO


Comenzamos este mes de Decembro descubrindo cada día unha sorpresa no noso calendario de Nadal. Cada día aparece unha tarxeta, na que ás veces, propóñensenos retos coma xuntar e ordear un pao da baralla ou coller tantas castañas coma indiquen os dados. Outras veces o agasallo é unha pegatina se conseguimos non estar no "semáforo vermello da clase"

QUE TOCARÁ MAÑÁN???????





CAIXAS DO OUTONO

Así de bonita quedou a nosa exposición de caixas de outono.
Despois do pintado con cores de outono, cada nen@ escolleu, entre todo o que trouxeron de casa, o que máis lle gustaba para facer a súa propia exposición dos productos de outono.


domingo, 11 de decembro de 2016