domingo, 24 de febreiro de 2019

LOLO COÑECE GALICIA

Como xa moitos seguro que sabedes, LOLO, a nosa mascota da biblioteca anda de viaxe coñecendo Galicia e cada semá mándanos unha postal do sitio onde se atopa cunha serie de pistas para que o adiviñemos e poñamos a nosa resposta no buzón da biblioteca.

Xa estivo en Coruña, en Lugo e agora se atopa en Padrón. 

Carmen axudounos a descubrir que a Torre de Hércules está en Coruña porque ela vai moito por ala coa súa mamá, Pepe adiviñou que na segunda postal había un muro de pedra e coa axuda de google foi doado adiviñar e Martiño tiña moi claro que os pementos, son de Padrón.

Tódolos lugares onde está LOLO os imos marcando no noso mapa de Galicia e unha vez situado imos dicindo os medios de transporte que pode utilizar, por exemplo xa sabemos que a Padrón non pode ir en avión porque non hai aeropuerto pero sí nunha barquiña polo río Sar.









HOMENAXE A ROSALÍA NO SEU DÍA