venres, 25 de novembro de 2022

"VANESSA NON QUERE SER PRINCESA"

María, a estudante de Maxisterio que está a facer as prácticas con nós, contounos un conto sobre unha nena que quería ser moitas cousas, menos princesa
Unha interesante historia que nos enseña a valorar as propias decisións e o que queremos ser nun futuro, e que ás veces non coincide co que a sociedade nos quere impoñer.




25 N DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER



            
"NIN UNHA BÁGOA MÁIS "

PARA CLEMENTINA E PARA TODAS AS MULLERES

martes, 15 de novembro de 2022

PROXECTO "LOUISE BOURGEOIS"


Probablemente estes días nas casas os nenos e nenas vos conten cousas sobre unha artista que se chama Louise Bourgeois que fai esculturas de arañas. 

Pois escoitade ben atentos todo o que vos teñen que contar porque hai uns días iniciamos un proxecto adicado a esta artista.  

Aproveitaremos tamén para coñecer un pouquiño máis o mundo das arañas.