mércores, 21 de novembro de 2018

CANCIÓNS DO COLE

A partir de hoxe na columna da dereita do blog irei añadindo moitas das cancións que cantamos no cole e que os nenos e nenas xa coñecen. Todas teñen vídeo para poder ver, aínda que tamén é necesario que só as escoiten sen imaxe para favorecer a escoita e a concentración. É por iso que tamén elaborei ungha playlist en spotify co nome "PROFE MARÍA QUIROGA PALACIOS" con algunhas cancións descargadas ás que podedes acceder de forma gratuíta e así podelas levar con vós a onde queirades (no coche, por exemplo cando ides de excursión).

ESPERO QUE AS DESFRUTEDES MOITO EN FAMILIA!!!!!

domingo, 18 de novembro de 2018

MAGOSTO 2018

CAMPAÑA RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Aquí tedes o cartel que elaborou o alumnado de sexto para a "CAMPAÑA RECOLLIDA DE ALIMENTOS" na que participa o noso colexio, en colaboración co Banco de Alimentos. 
Achégate e colabora traendo alimentos perecedoiros e productos de hixiene persoal e a cambio levarás un libro de agasallo.
Esta Campaña está aberta a toda a Comunidade Educativa e veciñanza, e por iso que o noso posto estará situado ás portas do colexio.

NON PASES DE LARGO E....COLABORA!!!!!!!!

Queremos aproveitar para agradecer ao ANPA a súa colaboración nesta Campaña.


martes, 6 de novembro de 2018

CUMPREANOS DE MARTÍN E BEÑAT

O 4 de Novembro estiveron de cumpreanos Martín e Beñat. Pois sí, o mesmo día do mesmo ano naceron os dous. 
O luns celebrámolo na escola e como sempre facendo un día especial para eles, sendo os protagonistas do día. 
Aínda que tiveron que repartir o protagonismo e as tarefas, fixádevos que ben o fan os dous. Tamén quero destacar o respetuos@s e pacientes que son os seus compañeiros e compañeiras....ORGULLOSA DO MEU ALUMNADO

PARABÉNS MARTÍN !!!!PARABÉNS BEÑAT !!!!






domingo, 4 de novembro de 2018

SAMAÍN 2018

Este mércores celebramos o Samaín na escola. Tiñamos todo preparado, caveiras de cabazas, portas decoradas, música para que fose un día especial e dentro da aula estabamos segur@s e content@s.


PASÁMOLO EN GRANDE!!!!





Durante a semana a profe Lucía tamén fixo da súa clase un espazo acondicionado para o Samaín. No seguinte vídeo podes ver tamén como xa empezaron a poñer os calcetíns e o ben que o fan algúns sen axuda.