mércores, 29 de decembro de 2021

PANXOLIÑA

As mestras e mestres do Quiroga Palacios desexámosvos Felices Festas!!!!

FELICES FESTAS

 FELICES FESTAS!!!!


APALPADOR

A profe Isa deixounos este agarimoso Apalpador que fixo as delicias dos nenos e nenas os últimos días do cole. Xogou a falou con todos eles e elas e propuxelles que o debuxaran.

Tanto el como eu quedamos encantadas coas súas elaboracións!!!




POSTAIS DE NADAL

 Postais de Nadal feitas con estampacións e pincel.





FIGURAS XEOMÉTRICAS CON DEPRESORES

 


A partir desta actividade xurde a idea de elaborar os adornos de renos para a ábore de Nadal.




CENTRO DE NADAL



Aproveitando elementos da natureza recollidos durante o outono (follas, landras, castañas) e outros adornos xa elaborados, fixemosbonitos Centros de Nadal para decorar nas nosas casas.







xoves, 11 de novembro de 2021

MAGOSTO 2021

Qué ben poder degustar as castañas e celebrar o Magosto coma sempre.

Grazas ás familias por axudar nas tarefas de picado e asado de castañas

Estaban boísimas e nós pasámolo xenial!!!





SIMULACRO DE INCENDIOS E VISITA DOS BOMBEIROS

 O venres tivemos unha visita moi especial. 

Todos e todas sabiamos o que tiñamos que facer cando soase unha sirena distinta do timbre que soa tódolos días no cole. Para non asustar ao alumnado disfracei a actividade , pero iso non evitou que algún e algunha sentiran algo de medo e buscaran o acougo nunha aperta.

Só se trataba do simulacro de incendios que soemos facer tódolos anos dentro do plan de emerxencias do centro e que os maís pequen@s aínda descoñecen.

Todo foi perfecto e saíu todo como era de esperar, dando o alumnado máis cativo todo un exemplo para todos e todas.

A sorpresa da espera foi ver chegar aos camións de bombeiros coas suas luces e sirenas e ver como desplegaban a súa escada ata o máis alto do noso cole.





domingo, 12 de setembro de 2021

O NOSO COLE

Debido ao Protocolo COVID 19 establecido pola Consellería de Educación, non temos permitido ensinar o noso colexio coma a nós nos gustaría e como viñamos facendo tódolos anos ata agora. É por isto que ao final do curso pasado fixemos este vídeo para que todos e todas tiñades acceso, dalgún xeito, ás nosas instalacións.

BENVIDOS/AS AO QUIROGA PALACIOS

BENVIDOS AO CURSO 2021 2022

 Ola a todos e todas. Eu son María Méndez e son a mestra titora de 4º de infantil A (3 anos A). Benvid@s a este novo curso que comeza e no que tentarei acompañar a este novo grupo coa mesma ilusión de tódolos anos.

A vós, nenos e nenas, decirvos que aínda é pronto e que necesitamos tempo para coñecernos pero co tempo, entre tod@s, construiremos un espazo no que iremos pouco a pouco atopándonos mellor e compartindo grandes momentos que formarán parte das nosas vidas para sempre.

BENVID@S


luns, 21 de xuño de 2021

SESIÓN DJ. ÚLTIMOS DÍAS

OS CUMPREANOS DO VERÁN

 Martina, Carme e Nora cumpren anos no verán cando todos e todas estamos de vacacións. Pero como tódolos anos non queremos deixalas sin a súa festa e por iso quixemos celebralo tamén no cole.

PARABÉNS NORA, MARTINA E CARME....

CANDO CHEGUE O VOSO DÍA