mércores, 29 de marzo de 2023

OVOS DE VERMES

 Para poder observar en primeira persoa o ciclo vital e o proceso da metamorfose das bolboretas, trouxemos algúns ovos para ter no aula.

Ao preguntarlles qué crían que eran eses puntiños oscuros dixeron de todo (purpurina, sementes, veleno, puntiños pintados...), pero realmente é difícil pensar en ovos ao ver esas minúsculas boliñas negras.

Diariamente observamos coas lupas se naceu algún verme xa que de seguido deberemos darlles follas de moreira  (que é o único que comen) para que non morran.


luns, 27 de marzo de 2023

ESTREANDO A NOVA PANTALLA DIXITAL

 O xoves viñeron instalar as novas pantallas dixitais, moito máis cómodas ao non ter proxector que faga sombra e coa posibilidade tamén de poder poñelas á altura do alumnado de infantil. A parte da asamblea diaria onde vemos e marcamos o día no calendario, lemos quen falta ao cole, miramos o tempo metereolóxico, a estación na que nos atopamos...tamén nos sirve para facer outras actividades interactivas relacionadas cos elementos do currículo que temos que traballar.




sábado, 4 de marzo de 2023

COMENZAMOS CO HORTO

 Aproveitando o bo tempo e a axuda das compañeiras do "Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude" comenzamos este venres coa prantación de cebolas e acelgas no noso Horto Ecolóxico.