luns, 24 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO

Con motivo do día do libro o 23 de abril, o luns 24 quixemos celebrar na escola como xa viñamos facendo o ano anterior a actividade "Apadriña a un lector". Os nenos e nenas de cursos superiores apadriñan a un neno ou nena para lerlle un conto traido da casa. O día non podía presentarse mellor, así que cada un coa súa parella saímos ao campo que se atopa enfrente da escola e alí, disfrutando do entorno cada parella disfrutou da lectura e da conversa que tivo lugar entre pequenos e maiores.

Unha bonita expericiencia para celebrar un bonito día!!!!


venres, 21 de abril de 2017

CONTACONTOS KALANDRAKA

Á volta das vacacións de Semana Santa tivemos a oportunidade de asistir a escoitar os contos que a editorial Kalandraka tiñan preparados con motivo da XVII Campaña Municipal de Animación á lectura.

A Galería Sargadelos apareceu convertida nun “pequeno museo” onde aparecían expostas ilustracións e instalacións artísticas relacionadas cos libros protagonistas da Campaña, entre os que destaca a obra da que se tomou o lema deste ano, “Unha última carta”, coa que os gregos Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi gañaron o IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.

Unha maravillosa interpretación e lectura dos contos que tiveron a nenos e nenas entusiasmados durante a hora que durou a actividade.

NORABOA OUTRO ANO MÁIS POR ESTA INICIATIVA