domingo, 31 de maio de 2020

ACTIVIDADES PARA FACER NA NATUREZA

ESTIMADAS FAMILIAS, NENOS E NENAS. 
Comenzamos o mes de Xuño inmersos nunha nova fase de desescalada que permite, entre outras cousas, saídas sen franxas horarias nun momento no que se empeza a percibir un normal e previsible cansancio do alumnado. Nalgúns casos tanto pais como nais incorpóranse as seus postos de traballo de forma presencial e todo isto, lóxicamente, está a dificultar a realización de moitas das actividades propostas no blog. 
Dende un primeiro momento, sentín a necesidade de dar resposta a quen precisaba dunha pequena axuda á hora de manter unhas pequenas rutinas no momento de confinamento, pero chegado este punto, no que xa se pode saír máis libremente á rúa, sinto que é preciso recuperar o tempo perdido e desfrutar do espacio exterior,  na rúa,no campo, no bosque, na praia...
Por isto, a partir de agora e ata fin de curso, farei propostas semanais de actividades no exterior para quen queira facer uso delas.
Podedes, como ata agora, seguir mandando fotos e vídeos que seguirei colgando no blog.
Desfrutade desta nova fase e das que espero sigan chegando.
UNHA FORTE APERTA
Seguimos!!!!


UNDÉCIMA SEMANA DA CORENTENA

xoves, 28 de maio de 2020

BATIDO DE FROITA

Telmo e Tula queren compartir con tod@s vós un rico batido de froita para estes días de taaaaaaaaaaaaaaaaaaanta calor.
Non esquezas escribir a receita e añadila ao voso libro de receitas.

Podes variar as froitas e usar as que máis te gusten e sairan batidos diferentes.
Finalmente podes decorar como máis te guste.

A DISFRUTAR!!!!




BUSCANDO A SIMETRÍA

Debuxa a outra metade da froita e decora ao teu gusto (pintando, pegando papeis, pegando plastilina...)
Corta froita á metade coa axuda dun adulto e observa que dúas partes quedan. De qué forma podemos cortar a froita para que queden dúas metades o máis iguais posibles?
(Clica na imaxe se queres imprimir, tamén pode debuxar un adulto unha parte e tí debuxar a parte simétrica)
Busca a simetría noutros obxectos. Tamén podes buscar a simetría na túa cara e corpo mirándote nun espello ou nunha fotografía e tapando unha das partes.
Podes debuxar a outra parte da túa cara ou corpo usando unha fotografía.

mércores, 27 de maio de 2020

martes, 26 de maio de 2020

CREANDO UN ARCHIMBOLDO

No vídeo da entrada anterior podes ver os pasos para crear o teu Archimboldo.
(clica na seguinte imaxe para acceder aos arquivos para imprimir)


Tamén podes crear o teu Archimboldo con recortes de revistas, catálogos...ou con froitas e verduras reais. Aquí tes algúns exemplos.






COÑECENDO A ARCHIMBOLDO

QUÉ QUIÉN ERA ARCHIMBOLDO?
En el siguiente vídeo podeis descubrir quién era Archimboldo y cómo hacer un Archimboldo en casa.

RZ100ARTE.COM nos propone la siguiente actividad:

¿JUGAMOS?
Ya sabemos mucho sobre Archimboldo. Lo que os propongo a partir de ahora es que juguemos un poco y descubramos la alegoría que está pintada en su serie más famosa. Una serie conformada por cuatro cuadros:
QUE REPRESENTAN ESTOS CUADROS?
Facil, ¿no? Lo que pinta en esta su serie son las cuatro estaciones del año. Lo que ahora me tenéis que decir es cómo las pinta, cómo representa cada una de las estaciones. 
  1. Qué estación está representada en cada uno de los cuadros
  2. Con qué tipo de cosas la ha representado
  3. Por qué habrá elegido ese tipo de objetos para representarla


Teneís que localizar los fragmentos de los cuadros con su cuadro correspondiente. Necesitareis para ello cuatro rotuladores o pinturas de colores distintos. Pongamos por caso ROSA, AMARILLO, AZUL y MARRÓN. Lo único que importante es que cada cuadro lo asocieis con un color y cada fragmento debereis rodearlo del color con el que asociasteis el cuadro.
(para imprimir clica en la imagen. Si no tienes impresora lo puedes hacer directamente en la pantalla del ordenador)

luns, 25 de maio de 2020

ASOCIA O NOME CO DEBUXO

Asocia o nome de cada froita co debuxo correspondente. 
(Podes clicar na imaxe para imprimir o documento)
-Tamén podes recortar as tarxetas e colocar cada tarxeta coa súa froita.
-Se imprimes o documento dúas veces e recortas as tarxetas podes xogar ao memory poñendo as traxetas boca abaixo e tentando buscar as parellas iguais (pódelo facer cos debuxos ou coas palabras).
-Se non podes imprimir podes facer as tarxetas das palabras e asociar á froita que teñas na casa, froita que teñas de xoguete, froita recortada dun catálogo de supermercado ou aos teus propios debuxos de froitas.
-Podes elaborar a túa caixa de "NOMES DE FROITAS".

LEMBRAS O NOME DAS FROITAS?

Con este xogo podes repasar o nome das froitas en LSE.
Se non lembras como se dí, podes volver a ver o vídeo que fixo Tareixa.




domingo, 24 de maio de 2020

ESTAMPANDO FROITAS E VERDURAS

Mira o vídeo para coller ideas para facer bonitos cuadros estampando con froitas e verduras.
Tamén podes preparar bonitos pratos para as túas merendas e comidas.
E lembra a importancia de comer frutas e verduras 5 veces ao día.

AS FROITAS EN LSE

APRENDEMOS AS FROITAS EN LSE CON TAREIXA

APRENDEMOS A SALTAR

Comezamos a semana saltando á corda. Podedes utilizar a corda feita con papel de periódico ou unha corda que teñades. Seguide os exercicios propostos pola profe Lucía e a
 SALTAAAAAAAAAAAAAAAR

DÉCIMA SEMANA DA CORENTENA

CUMPREANOS BRUNO

COINCIDINDO COAS LETRAS GALEGAS CUMPLE ANOS BRUNO
ESTE ANO SÓ PUIDO CELEBRAR COA SÚA FAMILIA
PERO PARECE QUE FOI MOOOOOOOOOOOOOI DIVERTIDO
PARABÉNS BRUNO
XA TES 5 ANOS!!!!!




CUMPREANOS ROQUE

O 15 DE MAIO ESTIVO ROQUE DE CUMPREANOS.
FOI UN DOS SEUS MELLORES CUMPREANOS 
PARABÉNS ROQUE
XA TES 5 ANOS!!!!!






martes, 19 de maio de 2020

ONOMATOPEIAS DE ANIMAIS

ESCRIBE DENTRO DOS BOCADILLOS AS ONOMATOPEIAS DOS ANIMAIS
(clica na imaxe para acceder ao pdf)

-Fíxate no debuxo e descubre o nome de dous animais que se escriben casi igual. As dúas palabras teñen 4 letras, as dúas terminan en O, teñen tres letras iguais, a primeira letra é diferente. Xa sabes que nomes son? 
-Que pasa con PATO, GATO, PERRO se cambiamos a última O por A. Podemos facer o mesmo con VACA, GALLO, OVEJA?
-Proba a intercambiar a segunda e cuarta vogal nas palabras PATO e GATO. Que outras palabras saen?
-Podedes xogar ao "aforcado" con estes ou outros nomes de animais
-Podes xogar ao "VEO, VEO,EMPEZA POR..."



ANIMAIS DA GRANXA EN LSE

luns, 18 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

LETRAS GALEGAS NOS BLOGS DO COLE
Neste video podedes mirar todo o que enviachedes ao correo que se vos facilitou, refente as actividades que se propuxeron para a semana das Letras Galegas. Se as queredes ver lentamente podedes facelo no blog da biblioteca onde tamén están publicadas.


Moitas grazas a todo o alumnado que participou.
Parabéns polo voso traballo!!!

*Na columna da dereita tedes os enlaces tanto para o blog de dinamización como para o blog da biblioteca 

ADIVIÑAS DE ANIMAIS

Descubre que animais se esconden tras estas adiviñas.
Cales son animais domésticos e de granxa?
Hai algún animal que non teñas na "caixa dos animais da granxa"? Pódelo escribir e añadir


CLASIFICACIÓNS PARA FACER COS NOMES DA 
"CAIXA DOS ANIMAIS DE GRANXA"
-Nomes longos e curtos
-Clasificar por número de letras
-Clasificar por os que empezan por unha determinada letra.
-Clasificar por os que rematan por unha determinada letra.
-Clasificar por número de sílabas
-Clasificar os animais  vertebrados e invertebrados
-Clasificar os animais ovíparos e mamíferos

ANIMAIS DA GRANXA

Esta semana, despois das pitas de Carvalho Calero, imos seguir cos animais da granxa.
Neste vídeo poder ver unha chea deles.
A medida que escoitas o nome dos animais intenta decir cantas sílabas teñen (pódeste axudar con palmadas)
Podes intentar escribir tamén o nome dalgún deles. Pódente axudar escribindo as consoantes e só terás que completar coas vogais.
Agora xa podes facer a túa caixa de:
"Nomes de animais da granxa". 
(podes añadir máis que non se atopen neste vídeo)

FACEMOS UNHA CORDA CON MATERIAL DE REFUGALLO

Hoxe a profe Ana, de Educación Física, vainos ensinar a facer unha corda con material de refugallo. 
Nesta semana vainos ensinar tamén a saltar.
COMENZAMOS A SEMANA!!!!

xoves, 14 de maio de 2020

ROSQUILLAS DE LIMÓN DE TAREIXA


Podes escribir a receita a medida que ves o vídeo. Con esta e coa do biscoito de cores xa tes para empezar o teu:
"LIBRO DE RECEITAS DA CORENTENA"

QUE APROVEITE
BOA FIN DE SEMANA!!

"O GALO CANTA"

GALO, GALIÑA, PITIÑOS?
ANIMÁDEVOS CON ALGÚN ESTA FIN DE SEMANA?







mércores, 13 de maio de 2020

AS GALIÑAS POÑEN OVOS

CLICA NA IMAXE SE QUERES IMPRIMIR
TAMÉN PODES DEBUXAR TÍ AS CESTAS
Os ovos podédelos debuxar, facer con plastilina, facer boliñas con papel, recortar de revistas, periódicos...
- Cántos ovos faltan en cada cesta para que sexan 10?
-Sabemos que as crías da galiña nacen de ovos. Investigade na casa cómo se chaman os animais que nacen de ovos.


EXPERIMENTOS CON OVOS

PARTES DA GALIÑA

CLICA NA IMAXE SE QUERES IMPRIMIR
Tamén podes debuxar tí a galiña e escribir as partes do corpo onde correspondan.

LEMBRAS A CANCIÓN?
-Cres que a galiña é un animal vertebrado ou invertebrado?
-Que outros animais, ademais dos que aparecen na canción son vertebrados? E invertebrados? (pódelos escribir).

martes, 12 de maio de 2020

PITAS DE CARTÓN

Con pratos de cartón ou simplemente con cartón ou papel podedes facer unhas pitas ben chulas.

Se lle pos un pau, tamén sirven para o teu teatro de sombras.

"AS PITAS BAIXO A CHOIVA" EN LSE



Tes o conto completo en pdf para poder imprimir se queres.
Clica no seguinte enlace para acceder á carpeta de Carvalho Calero:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcardealquiroga/aulavirtual2/mod/folder/view.php?id=1232

luns, 11 de maio de 2020

FOX AND CHICKEN

As profes de Inglés, Silvia e Natalia, queren homenaxear a Carvalho Calero e ao seu libro "As pitas baixo a choiva" con esta canción dunha pita nun día de chuvia.

XOGANDO COAS PALABRAS

XOGA COAS PALABRAS
(PODES FACER OU RECORTAR AS TARXETAS COAS PALABRAS ANTERIORES)
  1. Clasifica as palabras segundo teñan 6 ou 7 letras
  2. Clasifica as palabras segundo terminen en "A" ou "O"
  3. Cal é a palabra que non ten 3 sílabas? (conta as sílabas coas palmadas)
  4. Busca nomes dos compañeir@s que empecen pola mesma inicial que as palabras anteriores.
  5. Hai algunha palabra que empece coma o teu nome? E algunha que termine como o teu nome?
  6. Podes facer dúas tarxetas de cada palabra e xogar ao "memory" (poñelas boca abaixo e ir descubrindo de dúas en dúas ata formar tódalas parellas)
  7. Recortadas as tarxetas e os debuxos podes xogar a colocar a palabra co debuxo correspondente.
  8. Podes inventar historias con algún ou tódolos persoaxes anteriores.
  9. Podes facer rimas coas palabras anteriores.
  10. Podes pensar máis actividades que se poidan e queiras facer coa ficha anterior.

domingo, 10 de maio de 2020

RICARDO CARVALHO CALERO

Clicando na imaxe podes acceder á carpeta de Carvalho Calero e imprimir as fichas de traballo.
Para os que non teñan impresora irei poñendo no blog as actividades para que as podades adaptar na casa.
Fíxate na foto de Carvalho Calero e fai tí o seu retrato
Escribe o seu nome e apelidos.Podédelo facer de varias formas:
  1. Repasando polos puntiños
  2. Que vos escriban as consoantes e vos teredes que escribir as vogais
  3. Escribir só o nome como vos saibades
  4. Escribir o nome e apelidos como saibades
  5. Unha combinación de todas as posibilidades anteriores
Ordear nome e apelidos:
A partir de tres tarxetas unha co nome escrito, otra co primeiro apelido e outra co segundo apelido ordear o nome completo. (sempre escrito en maiúscula).


RICARDO CARVALHO CALERO: BIOGRAFÍA

 RICARDO CARVALHO CALERO
Este ano 2020 a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras, polo seu traballo  en defensa do idioma galego e da nosa cultura.
ESCRITOR GALEGO MOI IMPORTANTE COMO ROSALÍA DE CASTRO

NACE EN FERROL

NAI: Mª DOLORES
           PAI: GABRIEL RICARDO


TIÑA  5 IRMÁNS
EL ERA O MAIOR


DE PEQUENO FOI Á ESCOLA EN FERROL
DE MAIOR ESTUDIOU EN SANTIAGO


CASOU CON Mª IGNACIA RAMOS

ESCRIBIU MOITOS LIBROS EN GALEGO.
O  MÁIS FAMOSO PARA NEN@S FOI : 
"AS PITAS BAIXO A CHOIVA"


OITAVA SEMANA DA CUARENTENA

O COHETE DE CANDELA


MÁIS SOMBRAS

CARME


VITORIA

 MARTIÑO