domingo, 29 de setembro de 2019

A NOSA TRAMPA PARA VELUTINAS FUNCIONA!!!

Aquí podedes ver cómo funciona a nosa trampa para velutinas. En breve teremos que quitar todas as que entraron e aproveitaremos para observa-las de cerca... e sen perigo.



domingo, 15 de setembro de 2019

TRAMPA VELUTINAS

Este ano ademáis de estrear curso tamén estreamos patio de recreo. Foi una festa poder disfrutar dun espazo novo e amplo para poder xogar cando non chove. Pero despois dun rato descubrimos a algunha velutina que se quería "sumar os nosos xogos" e iso non nos facía ninguna gracia. Ademáis de avisar á Dirección da escola para que informaran ao Concello, os nenos e nenas de 4 anos decidimos fabricar una trampa para velutinas e colocala no patio. 

Falamos da importancia das abellas para a nosa vida e como as velutinas están acabando con elas. Tamén falamos de que as velutinas non son malas e intentan sobrevivir nun lugar que non é o seu, pero agora non podemos deixar que se sigan reproducindo.