Aquí podedes ver cómo funciona a nosa trampa para velutinas. En breve teremos que quitar todas as que entraron e aproveitaremos para observa-las de cerca... e sen perigo.
Amosando publicacións coa etiqueta velutinas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta velutinas b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 29 de setembro de 2019
domingo, 15 de setembro de 2019
TRAMPA VELUTINAS
Este ano ademáis de estrear curso tamén estreamos patio de recreo. Foi una festa poder disfrutar dun espazo novo e amplo para poder xogar cando non chove. Pero despois dun rato descubrimos a algunha velutina que se quería "sumar os nosos xogos" e iso non nos facía ninguna gracia. Ademáis de avisar á Dirección da escola para que informaran ao Concello, os nenos e nenas de 4 anos decidimos fabricar una trampa para velutinas e colocala no patio.
Falamos da importancia das abellas para a nosa vida e como as velutinas están acabando con elas. Tamén falamos de que as velutinas non son malas e intentan sobrevivir nun lugar que non é o seu, pero agora non podemos deixar que se sigan reproducindo.
sábado, 2 de xuño de 2018
O AGASALLO DE BELINDA
A profe Belinda estivo en todo momento moi implicada co noso proxecto das abellas.
O seu papá tivo colmeas e coidaba abellas e quixo traernos algunhas das ferramentas que usaba para a nosa exposición de aula.
Aínda que o seu papá non poido vir falar á escola, sí viñeron uns amigos que traballan en protección civil en Val do Dubra e que, entre outras cousas, buscan niños de velutina, unha amenaza para as nosas abellas.
Moitas grazas a Belinda por esta bonita sorpresa e grazas a Uxío e Óscar por achegar o seu traballo á escola con tanto entusiasmo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




