luns, 30 de outubro de 2017

FABRICANDO MOEDA!!!


Para poder mercar no noso supermercado decidimos facer nós mesmos a propia moeda. Deste xeito, ademáis de xogar, traballamos contidos matemáticos como son o número, as cantidades, a decena e operación básicas de cálculo mental (sumas e restas).

Pouco a pouco, ao longo do curso, iranse convertindo en auténtic@s vendedores e compradores.



AGASALLO DE OLALLA PARA A CLASE


Este precioso supermercado foi o agasallo que nos fixo Olalla para clase. 
De parte de tódolos nen@S e a profe:

MOITÍSIMAS GRAZAS OLALLAAAAAAAAAAA!!!!!!❤❤❤❤❤❤❤❤❤❤


domingo, 29 de outubro de 2017

A HORA DOS RETOS

Tódolos xoves a primeira hora, aproveitando que están cos nós Maica (apoio) e Irene (Mediación), aproveitamos para facer "A hora dos retos" que consiste en resolver 4 tarefas de xeito grupal a través do traballo colaborativo.
O primeiro que teñen que facer antes de facer as tarefas é establecer quen vai ser o conductor/ora do seu grupo, que se ten que mover dun rincón ao outro formando un tren. Para isto damos un tempo de 5 minutos, pasado este tempo se non chegaron a un acordo non poderán xogar. Cada semana deberán cambiar sen repetir de conductor/ora. Ao cabo dunhas semanas fanse novos equipos.
Consensuar, pactar, negociar, escoitar...son algunhas das moitas aprendizaxes que irán adquirindo a través desta dinámica de traballo.


CÓMO CRECERON AS TOMATEIRAS!!!!

Marcos e Sabela quixeron compartir con nós o grandes que estaban as súas tomateiras. Despois de levalas para casa no mes de xuño e coidalas moitísimo ides ver cómo creceron e a cantidade de tomates que lle sairon. Marcos ata nos trouxo unha das ramas cargadas de tomates que probamos na escola.




martes, 17 de outubro de 2017

luns, 16 de outubro de 2017

CUMPREANOS DE SETEMBRO

Este mes de setembro celebramos os cumpreanos de Elizabeth, Sofía e Rosalía.

PARABÉNS!!!!!!