Amosando publicacións coa etiqueta loxica-matemática. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta loxica-matemática. Amosar todas as publicacións

xoves, 28 de maio de 2020

BUSCANDO A SIMETRÍA

Debuxa a outra metade da froita e decora ao teu gusto (pintando, pegando papeis, pegando plastilina...)
Corta froita á metade coa axuda dun adulto e observa que dúas partes quedan. De qué forma podemos cortar a froita para que queden dúas metades o máis iguais posibles?
(Clica na imaxe se queres imprimir, tamén pode debuxar un adulto unha parte e tí debuxar a parte simétrica)
Busca a simetría noutros obxectos. Tamén podes buscar a simetría na túa cara e corpo mirándote nun espello ou nunha fotografía e tapando unha das partes.
Podes debuxar a outra parte da túa cara ou corpo usando unha fotografía.

martes, 21 de abril de 2020

SECUENCIA NUMÉRICA

Para traballar a secuencia numérica podedes usar as tarxetas da caixa de números ou outro material elaborado que se vos ocurra. A continuación vedes algúns exemplos:

QUÉ NÚMEROS FALTAN? 
  
BUSCAR OS NÚMEROS ANTERIOR E POSTERIOR


martes, 31 de marzo de 2020

PLANO DO DORMITORIO DE CANDELA

Así quedou o plano do dormitorio de Candela.

Saberedes atopar onde esta a CAMA?
E o ARMARIO?
E a ALFOMBRA?
E saberedes decirme que forma ten o seu dormitorio. Cales son os lados máis longos? E cales son os máis curtos? 
E por último saberiades decirme cantos pasos mide un dos lados máis longos? E un dos lados máis curto?


Mira a ver que outras cousas podes atopar


NORABOA CANDELA!!!

martes, 24 de marzo de 2020

MÁIS MÁQUINAS DE SUMAR

MARTÍN, ROQUE E LÍA TAMÉN FIXERON AS SÚAS MÁQUINAS DE SUMAR
CHULÍSIMAS
NORABOA!!!!!!!





MÁQUINAS DE SUMAR

MIRADE QUE CHULADA AS "MÁQUINAS DE SUMAR" DE SIMÓN E ÁLVARO

Lembrade que, para sumar, podedes usar calqueira cousa que teñades pola casa: fabas, macarróns, pedriñas, botóns, coches ou bonecos pequenos, bolas de plastilina....

NORABOA CHICOS ESTÁN XENIAL!!!!!!!




luns, 23 de marzo de 2020

XOGAMOS AO BINGO?

Se non tedes en casa o bombo coas bolas de números podedes usar a ruleta que tedes a continuación. Simplemente tedes que clicar na pestaña que pon "gírala" e marcar o número no taboleiro cunha ficha ou algo similar.


Os taboleiros podédelos facer na casa ou imprimilos directamente entrando en: AULA VIRTUAL, INFANTIL, 4 ANOS A (actividades para imprimir), LÓXICA MATEMÁTICA, TABOLEIROS BINGO


Tamén podes usar os taboleiros do 1 ao 20. Para iso debes tirar dúas veces coa ruleta e sumar os resultados. Se fixeches a MÁQUINA DE SUMAR pódela usar para saber o resultado e poder buscar no taboleiro. 


mércores, 18 de marzo de 2020

19 DE MARZO

ANÍMASTE A CONSTRUIR UNHA MÁQUINA DE SUMAR?

Na nube tedes moitos exemplos de máquinas de sumar. Eu poño esta que parece moi sinxela pero cada quen podea facer como queira



Na clase estamos acostumad@s a sumar tódolos días aos nenos e ás nenas que faltan ao cole cando facemos a Asamblea. Agora poden sumar todo o que se lles ocorra (bolas,tapóns,fabas,botóns...)  e usar os números que teñen na caixa de números ou os que tedes para imprimir no cartafol de lóxica matemática no AULA VIRTUAL.




luns, 16 de marzo de 2020

17 DE MARZO

Parece que hai algúns problemas para entrar no aula virtual do cole. Cando se resolvan os problemas avisarei, a través do blog, para que poidades entrar e colgarei material para que poidades imprimir directamente.

ACTIVIDADE DE LECTOESCRITURA

SOPA DE LETRAS



Podedes elaborar máis sopas de letras con outros nomes

ACTIVIDADES DE LÓXICA-MATEMÁTICA

CAIXA DE NÚMEROS

Elabora a túa caixa dos números dende o 1 ata o 20 por exemplo


Marca o lugar de inicio e a frecha da direccionalidade si o necesitas



domingo, 16 de febreiro de 2020

ESCORNABOTS

Hai uns días a familia de Ramón, da clase de 4 anos B, decidiu doar á súa clase dous escornabots construidos por eles e prestarnos, por uns días, outros dous. Deste xeito, despois de que a profe Isa, nos deixara por uns días os robots, tivemos na nosa aula a estes catro simpáticos visitantes que "conectaron" enseguida coa rapazada.
Como podedes ver no vídeo, ao principio parece que costa un pouco dar as órdenes de movemento ,pero enseguida fano cada vez máis rápido e sen dubidar. O seguinte paso será dar varias órdenes seguidas e ir complicando o xogo segundo a evolución do alumnado.
Conteo, orientación espacial, lectoescritura, respeto polo turno, traballo en equipo son algunhas das contidos traballados coa actividade tendo ao xogo como nexo motivador.

domingo, 15 de decembro de 2019

FORMAS XEÓMETRICAS

No seguinte vídeo podedes ver un anaco de cómo, a partir da proposta dunha actividade (e das pequenas pistas que vou dando) e a través da curiosidade, da experimentación, do descubrimento, do traballo en equipo, os nenos e nenas avanzan no seu pensamento matemático.

Partindo sempre do máis simple, do coñecido, chegan a metas que a eles mesmos lles sorprende. 

Neste caso partindo de figuras xeómetricas coñecidas i en plano, pasamos a outras máis complexas i en tres dimensións...  sempre a través do xogo como ferramenta motivadora.


domingo, 7 de abril de 2019

PORCIÓNS DE PIZZA

Xogando coa plastilina tamén podemos descubrir que para dividir unha pizza en 4 partes temos que cortar en forma de cruz. 
En casa tamén o podemos facer ao comer pizza, tarta, empanada....





mércores, 20 de marzo de 2019

MATEMÁTICAS DIVERTIDAS



A baralla (en calqueira das múltiples variedades que existen) é un xogo que lles encanta aos nenos e nenas en infantil. Ademáis de divertirse en grupo, traballamos moitos conceptos matemáticos básicos: clasificacións e seriacións (por cores, por figuras, por números), conteo (de cartas,de figuras), buscar parellas atendendo a un criterio (o mesmo número, a mesma figura, a mesma cor)....

En casa, sempre coma un xogo, podedes facer algunhas destas actividades que seguro lles encantará compartir coa familia. 



sábado, 31 de marzo de 2018

PESÁMONOS E MEDÍMONOS

Para ver como o paso do tempo inflúe en todos nós que mellor que observar os cambios nos nosos propios corpos. Despois de investigar a nosa medida e peso ao nacer imos contrastar coa nosa medida e peso na actualidade. 








luns, 30 de outubro de 2017

FABRICANDO MOEDA!!!


Para poder mercar no noso supermercado decidimos facer nós mesmos a propia moeda. Deste xeito, ademáis de xogar, traballamos contidos matemáticos como son o número, as cantidades, a decena e operación básicas de cálculo mental (sumas e restas).

Pouco a pouco, ao longo do curso, iranse convertindo en auténtic@s vendedores e compradores.



domingo, 29 de outubro de 2017

A HORA DOS RETOS

Tódolos xoves a primeira hora, aproveitando que están cos nós Maica (apoio) e Irene (Mediación), aproveitamos para facer "A hora dos retos" que consiste en resolver 4 tarefas de xeito grupal a través do traballo colaborativo.
O primeiro que teñen que facer antes de facer as tarefas é establecer quen vai ser o conductor/ora do seu grupo, que se ten que mover dun rincón ao outro formando un tren. Para isto damos un tempo de 5 minutos, pasado este tempo se non chegaron a un acordo non poderán xogar. Cada semana deberán cambiar sen repetir de conductor/ora. Ao cabo dunhas semanas fanse novos equipos.
Consensuar, pactar, negociar, escoitar...son algunhas das moitas aprendizaxes que irán adquirindo a través desta dinámica de traballo.


martes, 13 de decembro de 2016

XOGANDO COS DEPRESORES


Os depresores de madeira resultan un material moi interesante para traballar infinidade de actividades dentro do aula de infantil. Unha destas actividades é a construcción de figuras xeómetricas, letras, números... que axudan ao alumnado a afianzar tanto os conceptos lóxico-matemáticos como os de lectoescritura a través do xogo.



OS RETOS DO MES DE DECEMBRO


Comenzamos este mes de Decembro descubrindo cada día unha sorpresa no noso calendario de Nadal. Cada día aparece unha tarxeta, na que ás veces, propóñensenos retos coma xuntar e ordear un pao da baralla ou coller tantas castañas coma indiquen os dados. Outras veces o agasallo é unha pegatina se conseguimos non estar no "semáforo vermello da clase"

QUE TOCARÁ MAÑÁN???????