Amosando publicacións coa etiqueta froita. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta froita. Amosar todas as publicacións

xoves, 28 de maio de 2020

BUSCANDO A SIMETRÍA

Debuxa a outra metade da froita e decora ao teu gusto (pintando, pegando papeis, pegando plastilina...)
Corta froita á metade coa axuda dun adulto e observa que dúas partes quedan. De qué forma podemos cortar a froita para que queden dúas metades o máis iguais posibles?
(Clica na imaxe se queres imprimir, tamén pode debuxar un adulto unha parte e tí debuxar a parte simétrica)
Busca a simetría noutros obxectos. Tamén podes buscar a simetría na túa cara e corpo mirándote nun espello ou nunha fotografía e tapando unha das partes.
Podes debuxar a outra parte da túa cara ou corpo usando unha fotografía.

martes, 21 de novembro de 2017

SEMANA DA FROITA

O QUE NON ME GUSTABA DE PEQUENO

 Durante a semana da froita, e para animar aos nenos e nenas a probala, decidin que cada un pensara e escribira algo que non lle gustaba de pequeno e unha vez escrito debería decir si agora xa lle gusta. A maioría mudara os seus gustos ao crecer e chegamos á conclusión que moitas cousas que non gustan nun momento dado da nosa vida pode ser que logo nos cheguen a gustar, pero para sabelo.....temos que probar.