domingo, 28 de maio de 2017

"COUSAS DE PAPÁ"

O martes por fin, poidemos desfrutar das cancións de Héctor Lourenzo que ten recollidas no libro/disco "Cousas de papá" e que tanto temos cantado e ensaiado na nosa aula.

Un libro moi recomendado de dezasete poemas de Raúl Gómez Pato, dez dos cales foron musicados por Héctor e conta con colaboracións de Ana Domínguez Senlle, Lucía da Fonte, Manolo Carballo, Pauñlo Silva, Sérgio Tannus Quim Farinha e Uxía.

Grazas tamén de novo a David, o noso intérprete de lingua de signos, que tan ben interpretou as cancións en LSE.



venres, 19 de maio de 2017

17 DE MAIO: "DÍA DAS LETRAS GALEGAS"



Celebración conxunta con todo o alumnad@  no patio do recreo coa lectura, por parte dos nenos e nenas de 5º de primaria da biografía de Carlos Casares e baile da canción "Indo eu a caminho de Viseu"


martes, 16 de maio de 2017

15 DE MAIO :DÍA DA FAMILIA

Para festexar este día, cada nen@ elaborou o seu propio xogo de tres en raia do Universo. A idea era facer un agasallo para poder disfrutar en  familia.

Esperamos que o desfrutedes moito!!!




luns, 1 de maio de 2017

CUMPREANOS DE MARTINA

O mércores 26 de Marzo celebramos o cumpleanos de Martina. Coma sempre sopramos as velas, botamos os foguetes e cantamos e bailamos a canción que non pode faltar neste día tan especial.

PARABÉNS MARTINA