xoves, 8 de decembro de 2022

ESPERANDO O NADAL

 CALENDARIO DE ADVENTO

Comenzamos o Mes de Decembro anticipando a chegada do Nadal co Calendario de Advento.

Cada día, despois da Asamblea, o encargado ou encargada busca o día no calendario e recolle o seu agasallo para levar a casa. Á alegría de ser o encargad@ súmase, durante este mes, esta nova actividade que nos ten Emocionad@s.

venres, 25 de novembro de 2022

"VANESSA NON QUERE SER PRINCESA"

María, a estudante de Maxisterio que está a facer as prácticas con nós, contounos un conto sobre unha nena que quería ser moitas cousas, menos princesa
Unha interesante historia que nos enseña a valorar as propias decisións e o que queremos ser nun futuro, e que ás veces non coincide co que a sociedade nos quere impoñer.




25 N DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER



            
"NIN UNHA BÁGOA MÁIS "

PARA CLEMENTINA E PARA TODAS AS MULLERES

martes, 15 de novembro de 2022

PROXECTO "LOUISE BOURGEOIS"


Probablemente estes días nas casas os nenos e nenas vos conten cousas sobre unha artista que se chama Louise Bourgeois que fai esculturas de arañas. 

Pois escoitade ben atentos todo o que vos teñen que contar porque hai uns días iniciamos un proxecto adicado a esta artista.  

Aproveitaremos tamén para coñecer un pouquiño máis o mundo das arañas.

mércores, 12 de outubro de 2022

"DÍA DAS UNLLAS DE CORES"

 O martes 11 de Outubro celebramos no cole o "DÍA DAS UNLLAS DE CORES" para tratar de educar ao alumnado no respeto polas diferenzas e diversidade das persoas.

Grazas familias por colaborar con nós nesta actividade!!!



SAÍDA AOS GALICREQUES

 Este luns saímos andando ao Centro Sociocultural de Santa Marta para asistir á representación de "O patiño feo" dentro do programa escolar de Galicreques.

ESTIVO XENIAL!!!!!!





PASAR LISTA

 Unha das tarefas do encargado/a do día é pasar lista e comprobar quenes están no cole e quenes na casa.

De momento aínda temos o apoio das fotos do alumnado, pronto farémolo só cos nomes.

Neste vídeo vemos o ben que o fai Valeria.



PRÉSTAMO DE LIBROS

  Comenzamos o primeiro venres de outubro co prestamo de libros para casa. Ao rematar a xornada e comenzando polo encargado/a do día, cada un/unha escolle o libro que quere levar a casa e que deberá devolver á semán seguinte.

O noso panel coas portadas de libros e nome do alumnado é de gran axuda.




domingo, 25 de setembro de 2022

BOTELLA DA CALMA

 Actividade a través da cal co recortado de papeliños e identificación dos nomes dos compañeir@s traballamos a psicomotricidade fina e a lectoescritura a través dos nomes propios.

Na casa podemos ampliar a actividade con novos nomes (da familia, mascotas...) que poden escribir eles e elas ou darllos xa escritos.                                                                                                                  




domingo, 3 de xullo de 2022

domingo, 19 de xuño de 2022

SAÍDA FIN DE CURSO

Grazas ao "Centro de Formación y Experimentación Agroforestal" de Sergude por acollernos con tanto agarimo e ensinarnos o mellor que saben facer.

QUÉ BEN O PASAMOS!

luns, 23 de maio de 2022