Amosando publicacións coa etiqueta psicomotricidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta psicomotricidade. Amosar todas as publicacións

domingo, 25 de setembro de 2022

BOTELLA DA CALMA

 Actividade a través da cal co recortado de papeliños e identificación dos nomes dos compañeir@s traballamos a psicomotricidade fina e a lectoescritura a través dos nomes propios.

Na casa podemos ampliar a actividade con novos nomes (da familia, mascotas...) que poden escribir eles e elas ou darllos xa escritos.                                                                                                                  




xoves, 3 de febreiro de 2022

NOVO XIMNASIO


Este mes de Febreiro estreamos novo ximnasio na planta baixa.
Qué ben o pasamos coa nova instalación que nos tiñan preparada!!!










 

xoves, 4 de novembro de 2021

domingo, 24 de maio de 2020

APRENDEMOS A SALTAR

Comezamos a semana saltando á corda. Podedes utilizar a corda feita con papel de periódico ou unha corda que teñades. Seguide os exercicios propostos pola profe Lucía e a
 SALTAAAAAAAAAAAAAAAR

luns, 18 de maio de 2020

FACEMOS UNHA CORDA CON MATERIAL DE REFUGALLO

Hoxe a profe Ana, de Educación Física, vainos ensinar a facer unha corda con material de refugallo. 
Nesta semana vainos ensinar tamén a saltar.
COMENZAMOS A SEMANA!!!!

martes, 28 de abril de 2020

MARIOLA AFRICANA

A profe Ana (Educación Física) e a profe Lucía preséntanos o Reto da Semana:
Pídenos que practiquemos a facer a Mariola Africana como no seguinte vídeo e que a enviemos gravada para poder facer unha montaxe onde incluir a todos e todas @s que queiran participar!!!. 
Podedes poñer, si queredes, as vosas máscaras, ou colares, ou brazaletes para facelo disfrazad@s.
A dirección é: maildeluciapeixoto@gmail.com
No vídeo debedes indicar o nome e curso do neno ou nena.
Ánimo e a divertirse!!!


luns, 27 de abril de 2020

SESIÓN PSICOMOTRICIDADE. VIAXE A ÁFRICA

Proposta da profe Lucía:
Esta semana viaxaremos a África, onde nos esperan grandes aventuras... debedes demostrar ser moi valientes e amantes da natureza para conseguir o obxectivo: coñecer á xente do lugar e facer novos amigos!

luns, 20 de abril de 2020

PSICOMOTRICIDADE CON XORNAIS

Esta semana Lucía achéganos unha nova proposta para facer psicomotricidade na casa. Esta vez con xornais.

luns, 13 de abril de 2020

SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE

A profe Lucía, de psicomotricidade, xa está de volta outra vez connosco e tódalas semanas vainos deixar un vídeo para que practiquedes psicomotricidade na casa i en familia.
Podédela seguir tamén no Aula Virtual do cole

Aquí tedes o vídeo que propón para esta semana.

BENVIDA LUCÍA!!!

xoves, 2 de abril de 2020

CIRCUITO NA CASA

HOXE  PROPÓÑOVOS REALIZAR UN CIRCUITO PARA MOVER UN POUCO O CORPO.

Fixádevos ben no plano que tedes a continuación porque teredes que colocar os elementos que aparecen na fotografía na zona da casa onde ides realizar o circuito.

Podedes poñer un cronómetro para controlar o tempo que vos leva facer o circuito e música para que sexa máis animado.



domingo, 9 de decembro de 2018

SENTIMOS O OUTONO

A continuación podedes ver o ben que o pasaron os nenos e nenas no espazo de psicomotricidade que con tanto cariño e profesionalidade preparou a profe Lucía para traballar as habilidades motrices básicas sentindo o ambiente do outono.

NORABOA E GRAZAS LUCÍA!!!!!

Grazas familias pola vosa colaboración.

E grazas tamén a Antonio, o coidador do colexio que, de maneira desinterasada, colabora coa decoración e atención do alumnado.




Esta é a noticia que lle adicou "La voz de Galicia" a esta interesante proposta educativa.


https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/12/06/profesora-colegio-publico-quiroga-palaciostraballamos-as-habilidades-motrices-basicas-sentindo-ambiente-outonoespecialista-experiencia/0003_201812S6C8993.htm

domingo, 4 de novembro de 2018

SAMAÍN 2018

Este mércores celebramos o Samaín na escola. Tiñamos todo preparado, caveiras de cabazas, portas decoradas, música para que fose un día especial e dentro da aula estabamos segur@s e content@s.


PASÁMOLO EN GRANDE!!!!





Durante a semana a profe Lucía tamén fixo da súa clase un espazo acondicionado para o Samaín. No seguinte vídeo podes ver tamén como xa empezaron a poñer os calcetíns e o ben que o fan algúns sen axuda.