Amosando publicacións coa etiqueta plastica b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta plastica b>. Amosar todas as publicacións
venres, 4 de febreiro de 2022
mércores, 29 de decembro de 2021
martes, 2 de novembro de 2021
xoves, 19 de marzo de 2020
PRIMAVERA
Hoxe,venres 20 de Marzo, ás 4:50 empeza a primavera. podemos aproveitar a súa chegada para estampar flores aproveitando os rolos do papel hixiénico.
Seguro que faredes bonitos cadros para decorar.
Prantar legumes que teñades en casa é unha voa opción para observar o proceso de crecemento dunha pranta. Se os poñedes nun recipiente transparente poderedes ver perfectamente as distintas partes (raiz, talo, follas)
Finalmente podedes decorar as vosas macetas como máis vos guste
domingo, 23 de decembro de 2018
domingo, 4 de novembro de 2018
SAMAÍN 2018
Este mércores celebramos o Samaín na escola. Tiñamos todo preparado, caveiras de cabazas, portas decoradas, música para que fose un día especial e dentro da aula estabamos segur@s e content@s.
PASÁMOLO EN GRANDE!!!!
Durante a semana a profe Lucía tamén fixo da súa clase un espazo acondicionado para o Samaín. No seguinte vídeo podes ver tamén como xa empezaron a poñer os calcetíns e o ben que o fan algúns sen axuda.
domingo, 28 de outubro de 2018
PINTANDO CABAZAS
Poñendo caras as cabazas de Samaín previamente pintadas. Cada un elixe qué poñer: ollos redondos, triangulares, bocas tristes, terroríficas, alegres....Por que o Samaín, cada un o vive como quere.
PANTASMAS COAS MANS
O máis interesante desta actividade é sentir o pincel e a pintura sobre a pel e descubrir unha serie de sensacións, polo xeral, moi agradables. Si ademáis deixamos que eles soiños o fagan pois moito mellor.
TRABALLANDO CO MEDO...E CO CORPO
Moitas veces entender o por qué das cousas axuda a perder o medo.
Un esqueleto, sen máis, pode producir moito medo e máis a nenos e nenas de tres anos. Agora que se achega o Samaín e todo se enche de figuras terroríficas, quixen facer un experimento.
No seguinte video podedes ver como fixemos un esqueleto partindo da figura de Irene e falando con eles das partes duras que temos no noso corpo, os osos.
Unha vez rematado o experimento aparece un esqueleto que xa non nos produce medo e que pode estar colgado na clase sin ningún problema.
martes, 8 de maio de 2018
MAKING OFF. CÓMO SE FIXO "AS MANOPLAS DE CARAPUCHIÑA"
A continuación podedes ver o vídeo do making off da curta que presentamos ao "CONCURSO DE CURTAS DE ANIMACIÓN EN GALEGO NÓS TAMÉN CREAMOS!",promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e mais con OQO editora.
Todo o proceso, como poderedes ver, foi unha gran experiencia para o alumnado, principal partícipe na elaboración da curta, tanto na creación de persoaxes, escenarios, voces, texto como no mesmo proceso de realización de fotogramas a través do programa OQO Mottion facilitado pola editorial OQO.
Quen sabe si...algún ilustrador/ora, director/ora de cine ou mesmo actores e actrices do futuro sairán desta canteira de nenos e nenas.
Etiquetas:
animación,
concurso,
creatividade,
curta,
lectoescritura,
lingua galega,
Nós tamén creamos,
plan proxecta. as manoplas de carapuchiña,
plastica,
política lingüística
mércores, 28 de marzo de 2018
martes, 6 de marzo de 2018
NÓS TAMÉN CREAMOS. PLAN PROXECTA
A continuación podedes ver como imos avanzando co noso proxecto de elaboración dun corto a partir do conto "As Manoplas de Carapuchiña".
O primeiro que fixemos foi a elaboración dun traumátropo (xoguete visual) para entender o cine nos seus comenzos. A continuación fixemos o guión gráfico ou storyboard coas secuencias máis importantes do corto e por último comenzamos coa elaboración de persoaxes e escenarios.
domingo, 18 de febreiro de 2018
martes, 26 de decembro de 2017
martes, 17 de outubro de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















