Amosando publicacións coa etiqueta animación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta animación. Amosar todas as publicacións

martes, 8 de maio de 2018

MAKING OFF. CÓMO SE FIXO "AS MANOPLAS DE CARAPUCHIÑA"

A continuación podedes ver o vídeo do making off da curta que presentamos ao "CONCURSO DE CURTAS DE ANIMACIÓN EN GALEGO NÓS TAMÉN CREAMOS!",promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e mais con OQO editora. 

 Todo o proceso, como poderedes ver, foi unha gran experiencia para o alumnado, principal partícipe na elaboración da curta, tanto na creación de persoaxes, escenarios, voces, texto como no mesmo proceso de realización de fotogramas a través do programa OQO Mottion facilitado pola editorial OQO.

Quen sabe si...algún ilustrador/ora, director/ora de cine ou mesmo actores e actrices do futuro sairán desta canteira de nenos e nenas.


martes, 6 de marzo de 2018

NÓS TAMÉN CREAMOS. PLAN PROXECTA


A continuación podedes ver como imos avanzando co noso proxecto de elaboración dun corto a partir do conto "As Manoplas de Carapuchiña".
O primeiro que fixemos foi a elaboración dun traumátropo (xoguete visual) para entender o cine nos seus comenzos. A continuación fixemos o guión gráfico ou storyboard coas secuencias máis importantes do corto e por último comenzamos coa elaboración de persoaxes e escenarios.