Amosando publicacións coa etiqueta curta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curta. Amosar todas as publicacións

domingo, 10 de xuño de 2018

AS MANOPLAS DE CARAPUCHIÑA

Xa está aquí por fin a nosa adaptación do conto "As manoplas de carapuchiña" da editorial OQO. 


Non poido ser e non gañamos o concurso pero quedámonos cun bonito resultado dun traballo do que aprendimos e disfrutamos todos e cada un dos nenos e nenas da clase. Un traballo multidisciplinar no que o traballo en equipo foi fundamental e no que destacamos a capacidade dos máis pequen@s para facer cousas tan dignas como esta curta. 


ORGULLOSA DO MEU ALUMNADO. NORABOA ARTISTAS!!!!!!!



 


Clica na seguinte imaxe para ver tódalas curtas presentadas a concurso na páxina infantil da CRTVG

http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos

martes, 8 de maio de 2018

MAKING OFF. CÓMO SE FIXO "AS MANOPLAS DE CARAPUCHIÑA"

A continuación podedes ver o vídeo do making off da curta que presentamos ao "CONCURSO DE CURTAS DE ANIMACIÓN EN GALEGO NÓS TAMÉN CREAMOS!",promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e mais con OQO editora. 

 Todo o proceso, como poderedes ver, foi unha gran experiencia para o alumnado, principal partícipe na elaboración da curta, tanto na creación de persoaxes, escenarios, voces, texto como no mesmo proceso de realización de fotogramas a través do programa OQO Mottion facilitado pola editorial OQO.

Quen sabe si...algún ilustrador/ora, director/ora de cine ou mesmo actores e actrices do futuro sairán desta canteira de nenos e nenas.