martes, 18 de xuño de 2019

EXPOSICIÓN GALICIA

Lembrade que ata o venres 21 de xuño podedes visitar a exposición "Galicia" realizada polo alumnado e familias do Quiroga con material de refugallo no Centro Sociocutural de Conxo.
Do 21 de xuño e ata o 28 do mesmo mes podedes pasar a recoller os vosos traballos.

Queremos aproveitar para agradecer ás familias a colaboración prestada e ao Centro Sociocultural de Conxo a cesión das instalacións para a exposición.






xoves, 13 de xuño de 2019

GAÑADORES!!!!!!!!!!!!!!


Finalmente resultamos gañadores no concurso "XOGA COAS MANCIÑAS" organizada por XOGA (Organización de Xordos de Galicia).
Mañá será a entrega de premios no Pazo da Deputación de Pontevedra e están tódolos nenos e nenas convidados ao acto que se vai celebrar.
A saída farase en autobús en horario escolar.
IMPORTANTE: Traer mañá as autorizacións asinadas que levarán hoxe.

NORABOA E GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!



martes, 11 de xuño de 2019

OS MESES DO ANO EN LSE

A continuación podedes ver o vídeo que presentamos ao concurso "Xoga coas manciñas" con motivo da celebración do "Día Nacional da Lingua de Signos Española" que se celebra o vindeiro 14 de xuño.

Queremos agradecer a Tareixa Martínez Barral, intérprete de signos do colexio, a súa colaboración neste proxecto e a Manoele de Felisa e Rosalía Morlan a cesión tanto da música coma da letra desta canción.


ESPERO QUE VOS GUSTE TANTO COMA A NÓS.