Amosando publicacións coa etiqueta coñecemento do medio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta coñecemento do medio. Amosar todas as publicacións

domingo, 18 de xuño de 2023

PRIMEIRA POLILLA

SORPRESA!!!!!!!!

 O venres ao chegar ao cole e despois de 15 días de metamorfosis (que fumos contando no noso calendario de aula) saíu a primeira polilla do seu casulo.

Agora toca esperar a que atope parella para aparearse e poñer os ovos, pero para iso deben nacer novas polillas. 

luns, 12 de xuño de 2023

A METAMORFOSE

 Algúns dos nosos vermes de seda xa fixeron os seus casulos. Agora comeza o maravilloso proseso da metamorfose. Esperemos que antes de que remate o cole poidamos ver algunha polilla saír.



Aquí pódese ver como outro verme comenza a facer o seu casulo. Aínda se pode ver dentro. Seguirá envolvéndose en seda ata que xa non se lle poida ver.

martes, 30 de maio de 2023

VERMES DE SEDA

Os nosos vermes de seda non paran de medrar porque non paran de comer follas de moreira. Iso é o que teñen que facer para que poidan construir o seu casulo antes de que remate o cole e poder ver como nace a bolboreta e poñe os ovos. De este xeito o ano que ven poderemos ver de novo todo o proceso.



mércores, 29 de marzo de 2023

OVOS DE VERMES

 Para poder observar en primeira persoa o ciclo vital e o proceso da metamorfose das bolboretas, trouxemos algúns ovos para ter no aula.

Ao preguntarlles qué crían que eran eses puntiños oscuros dixeron de todo (purpurina, sementes, veleno, puntiños pintados...), pero realmente é difícil pensar en ovos ao ver esas minúsculas boliñas negras.

Diariamente observamos coas lupas se naceu algún verme xa que de seguido deberemos darlles follas de moreira  (que é o único que comen) para que non morran.


sábado, 26 de setembro de 2020

XA CHEGOU O OUTONO

 Durante este curso, e oídas as recomendacións sanitarias priorizando as merendas e actividades no exterior, tentaremos saír  en dous momentos da mañá. Cando o tempo o permita contaremos con máis espazos que tentaremos utilizar, tanto dentro do recinto escolar como fora. Cando chova usaremos o patio cuberto.

RECOLLIDA DE FOLLAS

  


 MERENDA NO "AUDITORIO" CANDO A HERBA ESTÁ MOLLADA PARA SENTARSE

         
   
XOGOS E EXPLORACIÓN DA CONTORNA


     
TRABALLO COAS FOLLAS RECOLLIDAS


















xoves, 2 de abril de 2020

VELAS CASEIRAS, ECOLÓXICAS E INFINITAS

Unha idea fantástica para ambientar espazos na casa son as velas.
Agora podedes facer velas caseiras, ecolóxicas e infinitas.
Só necesitades:
1 VASO 
AUGA 
ACEITE 
1 BOTELLA DE PLÁSTICO 
1 SERVILLETA DE PAPEL

 

mércores, 1 de abril de 2020

FLUÍDO NO NEWTONIANO

Como podedes comprobar, a cociña é un lugar máxico para experimentar.
Esta vez podedes facer "FLUÍDO NO NEWTONIANO" moi fácil de facer mezclando FARIÑA DE MAÍZ e  AUGA.

Se mezclamos estes dous productos conseguimos facer unha masa moi divertida que cambia e tranforma de consistencia pasando de líquida a sólida segundo actuemos con ela.
Se a tocamos delicadamente é líquida pero si lle golpeamos ou apretamos con forza vólvese  sólida e dura.

Así que, se tedes fariña de maiz en casa probade porque é un 

EXPERIMENTO SÚPERDIVERTIDO!!!

NA COCIÑA

Hoxe na cociña propóñovos un reto

1º.-Debedes atopar todos os aparatos que necesiten electricidade para funcionar.

2º.-Pide a un adulto que escriba, o nome de cada aparato que atopaches, nunha tarxeta de papel con letras maiúsculas.

3º.-A continuación intenta pegar todas as tarxetas nos aparatos eléctricos correspondentes. As primeiras veces pode que precises axuda dun adulto. Finalmente seguro que o podedes facer soiñ@s. 

PESO E ALTURA

Nalgunhas casas é posible que no cuarto de baño atopemos unha pesa.



Podemos aproveitar para pesarnos e xa de paso tamén nos podemos medir

                                                 

Sería interesante apuntar o voso peso e a vosa altura e anotalo nun folio, sen esquecer a data na que o fixemos.

Cando voltemos ao cole podémonos volver a pesar e medir e comprobar os cambios que houbo no voso corpo durante esta cuarentena.

O CUARTO DE BAÑO

Hoxe ímonos centrar no cuarto de baño e imos investigar:

1.- De onde ven a auga coa que nos bañamos, coa que lavamos os dentes ou a do inodoro.
2.- Atopar a chave da auga e pechala para ver que pasa
3.- Investigar por onde van as tuberías
4.- Dende onde ven a auga que chega ás nosas casas.
5.- Que se pon en funcionamento ao abrir a auga quente
6.- Observar o mecanismo de funcionamento da cisterna do wc


martes, 31 de marzo de 2020

PLANO DO DORMITORIO DE CANDELA

Así quedou o plano do dormitorio de Candela.

Saberedes atopar onde esta a CAMA?
E o ARMARIO?
E a ALFOMBRA?
E saberedes decirme que forma ten o seu dormitorio. Cales son os lados máis longos? E cales son os máis curtos? 
E por último saberiades decirme cantos pasos mide un dos lados máis longos? E un dos lados máis curto?


Mira a ver que outras cousas podes atopar


NORABOA CANDELA!!!

COMO XERMINA UN OSO DE AGUACATE

BEÑAT quere ensinarvos como xerminou o óso de aguacate que ten en casa.
Se tedes algún aguacate na casa tamén podedes probar vós.


Sabedes por que ten eses 3 paos no aguacate?

Qué é o que se ve dentro do auga?

FANTÁSTICO BEÑAT!!!!

luns, 30 de marzo de 2020

COÑECENDO O DORMITORIO

Hoxe imos descubrir o dormitorio

Para iso propoño varias tarefas:

1.- Facer un plano do mesmo coa axuda dun adulto colocando nel a porta e a ventá para podernos logo orientar.
Sabedes a forma que ten o voso dormitorio? É importante sabelo para podelo debuxar 
Podedes medir con pasos o ancho e o longo e apuntalo no voso plano.
Podedes debuxar distintos elementos que haxa no voso dormitorio: a cama, a mesa, a alfombra...é importante fixarse na forma xeométrica de cada un dos elementos que debuxedes.

2.- Podedes xogar ao "veo, veo" coas cores de cousas que haxa no voso dormitorio.

3.- Podedes facer unha lista de cousa do voso dormitorio que empecen por "A", por "E", por "I", por "O" e por "U"

COCHES ECOLÓXICOS


CANDELA E ROQUE QUEREN ENSINARVOS OS COCHES ECOLÓXICOS TAN CHULOS QUE FIXERON E O BEN QUE FUNCIONAN

NORABOA!!!!!!!!!!!!!!!!!




A FORZA DO VENTO

Con este experimento podedes ver a forza que ten o vento, por exemplo para mover un coche de xoguete.

Anímate a construir o teu propio coche de vento ecolóxico.

Verás que divertido é. 
Ademáis non precisa pilas para funcionar.
* Se non tes un globo sempre podes soplar directamente ao coche para que se mova




A esto se lle chama enerxía EÓLICA.


Os molinos de vento tamén producen enerxía para que poidamos ter electricidade na casa



ENERXÍAS RENOVABLES

COÑECENDO A NOSA CASA

Xa que levamos tantos días encerrados na casa, e os que nos quedan, imos a comenzar a terceira semana coñecendo un pouco máis a nosa casa.

Vouvos propoñer vaias tarefas:

1º- Apuntar munha lista cántos enchufes hai en cada habitación da casa: poñer o nome da estancia e o número de enchufes.

2ª- Sumar a número de enchufes totais que hai en casa

3ª- Reflexionar sobre as seguintes cuestións:

-En qué estancia hai maior número de enchufes. Por qué será?
-Para qué usamos eses enchufes?
-De onde sae a electricidade para eses enchufes (ensinar o diferencial principal da casa e o que pasa cando o baixamos)
-Seguir investigando dende onde chega a electricidade ás nosas casas.
-Temos que pagar a electricidade?
-Cómo  podemos axudar a aforrar electricidade en casa?

xoves, 19 de marzo de 2020

PRIMAVERA

Hoxe,venres 20 de Marzo, ás 4:50 empeza a primavera. podemos aproveitar a súa chegada para estampar flores aproveitando os rolos do papel hixiénico. 

Seguro que faredes bonitos cadros para decorar.


Prantar legumes que teñades en casa é unha voa opción para observar o proceso de crecemento dunha pranta. Se os poñedes nun recipiente transparente poderedes ver perfectamente as distintas partes (raiz, talo, follas)


Finalmente podedes decorar as vosas macetas como máis vos guste




domingo, 10 de xuño de 2018

JOSÉ ANTONIO FÁLANOS SOBRE APICULTURA

A mamá e o papá de Olalla coñecen a José Antonio, un apicultor que coida abellas autóctonas que fan un mel ecolóxica riquísima "Ecomel". Falaron con el por si lle apetecía vir a escola a falarnos do seu traballo e da importancia do cuidado das abellas.
Encántanos a xente que fala do seu traballo con tanto entusiasmo porque é capaz de transmitir esa pasión a todo o que os escoita.
Aprendimos unha chea de cousas e achegámonos con tódolos sentidos a este mundo da apicultura un pouquiño máis, saboreando outros tipos de mel e mesmo tocando abázcaros, que agora sabemos que non pican.

GRAZAS A JOSÉ ANTONIO, A ALBA E BEA POR CONTAR TAN BONITO O TRABALLO QUE FAN.






domingo, 29 de outubro de 2017

CÓMO CRECERON AS TOMATEIRAS!!!!

Marcos e Sabela quixeron compartir con nós o grandes que estaban as súas tomateiras. Despois de levalas para casa no mes de xuño e coidalas moitísimo ides ver cómo creceron e a cantidade de tomates que lle sairon. Marcos ata nos trouxo unha das ramas cargadas de tomates que probamos na escola.