Todos e todas descubrimos con esta pandemia que había cousas que cambiar e que moitos deses cambios chegaban para quedarse.
Nas escolas non ía ser distinto. Como mestra estou a descubrir que é posible facer entradas e saídas escalonadas e relaxadas sen necesidade de formar filas e que as mestras poidamos recibir a nenos e nenas cun sáudo e sorriso individual, diferente para cada un deles.
Tamén os espazos de recreo e lecer están sendo mellor aproveitados ao non ter que ser compartidos cun excesivo número de alumnado onde non compartimos xoguetes pero aprendemos outro tipo de xogos e interaccións.
Haberá que tomar nota.














