Amosando publicacións coa etiqueta letras galegas 2020. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta letras galegas 2020. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

LETRAS GALEGAS NOS BLOGS DO COLE
Neste video podedes mirar todo o que enviachedes ao correo que se vos facilitou, refente as actividades que se propuxeron para a semana das Letras Galegas. Se as queredes ver lentamente podedes facelo no blog da biblioteca onde tamén están publicadas.


Moitas grazas a todo o alumnado que participou.
Parabéns polo voso traballo!!!

*Na columna da dereita tedes os enlaces tanto para o blog de dinamización como para o blog da biblioteca 

mércores, 13 de maio de 2020

AS GALIÑAS POÑEN OVOS

CLICA NA IMAXE SE QUERES IMPRIMIR
TAMÉN PODES DEBUXAR TÍ AS CESTAS
Os ovos podédelos debuxar, facer con plastilina, facer boliñas con papel, recortar de revistas, periódicos...
- Cántos ovos faltan en cada cesta para que sexan 10?
-Sabemos que as crías da galiña nacen de ovos. Investigade na casa cómo se chaman os animais que nacen de ovos.


EXPERIMENTOS CON OVOS

PARTES DA GALIÑA

CLICA NA IMAXE SE QUERES IMPRIMIR
Tamén podes debuxar tí a galiña e escribir as partes do corpo onde correspondan.

LEMBRAS A CANCIÓN?
-Cres que a galiña é un animal vertebrado ou invertebrado?
-Que outros animais, ademais dos que aparecen na canción son vertebrados? E invertebrados? (pódelos escribir).

martes, 12 de maio de 2020

PITAS DE CARTÓN

Con pratos de cartón ou simplemente con cartón ou papel podedes facer unhas pitas ben chulas.

Se lle pos un pau, tamén sirven para o teu teatro de sombras.

luns, 11 de maio de 2020

FOX AND CHICKEN

As profes de Inglés, Silvia e Natalia, queren homenaxear a Carvalho Calero e ao seu libro "As pitas baixo a choiva" con esta canción dunha pita nun día de chuvia.

XOGANDO COAS PALABRAS

XOGA COAS PALABRAS
(PODES FACER OU RECORTAR AS TARXETAS COAS PALABRAS ANTERIORES)
  1. Clasifica as palabras segundo teñan 6 ou 7 letras
  2. Clasifica as palabras segundo terminen en "A" ou "O"
  3. Cal é a palabra que non ten 3 sílabas? (conta as sílabas coas palmadas)
  4. Busca nomes dos compañeir@s que empecen pola mesma inicial que as palabras anteriores.
  5. Hai algunha palabra que empece coma o teu nome? E algunha que termine como o teu nome?
  6. Podes facer dúas tarxetas de cada palabra e xogar ao "memory" (poñelas boca abaixo e ir descubrindo de dúas en dúas ata formar tódalas parellas)
  7. Recortadas as tarxetas e os debuxos podes xogar a colocar a palabra co debuxo correspondente.
  8. Podes inventar historias con algún ou tódolos persoaxes anteriores.
  9. Podes facer rimas coas palabras anteriores.
  10. Podes pensar máis actividades que se poidan e queiras facer coa ficha anterior.

domingo, 10 de maio de 2020

RICARDO CARVALHO CALERO

Clicando na imaxe podes acceder á carpeta de Carvalho Calero e imprimir as fichas de traballo.
Para os que non teñan impresora irei poñendo no blog as actividades para que as podades adaptar na casa.
Fíxate na foto de Carvalho Calero e fai tí o seu retrato
Escribe o seu nome e apelidos.Podédelo facer de varias formas:
  1. Repasando polos puntiños
  2. Que vos escriban as consoantes e vos teredes que escribir as vogais
  3. Escribir só o nome como vos saibades
  4. Escribir o nome e apelidos como saibades
  5. Unha combinación de todas as posibilidades anteriores
Ordear nome e apelidos:
A partir de tres tarxetas unha co nome escrito, otra co primeiro apelido e outra co segundo apelido ordear o nome completo. (sempre escrito en maiúscula).


RICARDO CARVALHO CALERO: BIOGRAFÍA

 RICARDO CARVALHO CALERO
Este ano 2020 a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras, polo seu traballo  en defensa do idioma galego e da nosa cultura.
ESCRITOR GALEGO MOI IMPORTANTE COMO ROSALÍA DE CASTRO

NACE EN FERROL

NAI: Mª DOLORES
           PAI: GABRIEL RICARDO


TIÑA  5 IRMÁNS
EL ERA O MAIOR


DE PEQUENO FOI Á ESCOLA EN FERROL
DE MAIOR ESTUDIOU EN SANTIAGO


CASOU CON Mª IGNACIA RAMOS

ESCRIBIU MOITOS LIBROS EN GALEGO.
O  MÁIS FAMOSO PARA NEN@S FOI : 
"AS PITAS BAIXO A CHOIVA"


xoves, 7 de maio de 2020

"AS PITAS BAIXO A CHOIVA" DE RICARDO CARVALHO CALERO

Imos finalizar a semana co visionado do conto:"As pitas baixo a choiva",un dos libros máis famosos do escritor galego Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle dedica o "Día das Letras Galegas" deste ano.
(Sempre recomendo,igual que cando lemos un conto, escoitar primeiro o vídeo sin ver as imaxes para poder imaxinar a historia, as ilustracións)

Neste libro Ricardo conta unha cousa que lle pasou de pequeno cando quería recoller as galiñas que se mollaban coa choiva e acabaron todos mollados como pitos: as galiñas, el e toda a súa familia. 

Despois de ver o vídeo, propoñemos dúas actividades a facer:
  1. Representación do conto en familia a traves dalgunhas das formas de sombras que vimos esta semana: coas mans na parede, proxección a través do proxector caseiro, co corpo na saba, coas sombras chinescas... 
  2. Debuxo dunha portada para o conto "As pitas baixo a choiva"
Non esquezades facer vídeo e/ou fotos e envialas. (para publicar no blog da biblioteca)