Amosando publicacións coa etiqueta animais da granxa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta animais da granxa. Amosar todas as publicacións

martes, 19 de maio de 2020

ONOMATOPEIAS DE ANIMAIS

ESCRIBE DENTRO DOS BOCADILLOS AS ONOMATOPEIAS DOS ANIMAIS
(clica na imaxe para acceder ao pdf)

-Fíxate no debuxo e descubre o nome de dous animais que se escriben casi igual. As dúas palabras teñen 4 letras, as dúas terminan en O, teñen tres letras iguais, a primeira letra é diferente. Xa sabes que nomes son? 
-Que pasa con PATO, GATO, PERRO se cambiamos a última O por A. Podemos facer o mesmo con VACA, GALLO, OVEJA?
-Proba a intercambiar a segunda e cuarta vogal nas palabras PATO e GATO. Que outras palabras saen?
-Podedes xogar ao "aforcado" con estes ou outros nomes de animais
-Podes xogar ao "VEO, VEO,EMPEZA POR..."



ANIMAIS DA GRANXA EN LSE

luns, 18 de maio de 2020

ADIVIÑAS DE ANIMAIS

Descubre que animais se esconden tras estas adiviñas.
Cales son animais domésticos e de granxa?
Hai algún animal que non teñas na "caixa dos animais da granxa"? Pódelo escribir e añadir


CLASIFICACIÓNS PARA FACER COS NOMES DA 
"CAIXA DOS ANIMAIS DE GRANXA"
-Nomes longos e curtos
-Clasificar por número de letras
-Clasificar por os que empezan por unha determinada letra.
-Clasificar por os que rematan por unha determinada letra.
-Clasificar por número de sílabas
-Clasificar os animais  vertebrados e invertebrados
-Clasificar os animais ovíparos e mamíferos

ANIMAIS DA GRANXA

Esta semana, despois das pitas de Carvalho Calero, imos seguir cos animais da granxa.
Neste vídeo poder ver unha chea deles.
A medida que escoitas o nome dos animais intenta decir cantas sílabas teñen (pódeste axudar con palmadas)
Podes intentar escribir tamén o nome dalgún deles. Pódente axudar escribindo as consoantes e só terás que completar coas vogais.
Agora xa podes facer a túa caixa de:
"Nomes de animais da granxa". 
(podes añadir máis que non se atopen neste vídeo)