mércores, 21 de novembro de 2018

CANCIÓNS DO COLE

A partir de hoxe na columna da dereita do blog irei añadindo moitas das cancións que cantamos no cole e que os nenos e nenas xa coñecen. Todas teñen vídeo para poder ver, aínda que tamén é necesario que só as escoiten sen imaxe para favorecer a escoita e a concentración. É por iso que tamén elaborei ungha playlist en spotify co nome "PROFE MARÍA QUIROGA PALACIOS" con algunhas cancións descargadas ás que podedes acceder de forma gratuíta e así podelas levar con vós a onde queirades (no coche, por exemplo cando ides de excursión).

ESPERO QUE AS DESFRUTEDES MOITO EN FAMILIA!!!!!

9 comentarios:

  1. Boísima idea María! Moitas grazas! (non sei como fixes porque borrei o comentario anterior...). Nai de Beñat

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alégrome que vos guste a idea e podades cantar con el na casa. Grazas a vós polos comentarios. Un saúdo

      Eliminar
  2. Graciñas, Pepe ven cantando encantado sempre do cole!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. jajajaja Encántame....pois agora xa podedes cantar tamén vós con el. Un saúdo e grazas a vós polos vosos comentarios.

      Eliminar
  3. grazas María, hoxe Diana cantaba e bailaba a canción dos días da semana

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Canto me alegro que disfruten na casa coas cancións do cole. Grazas a vós polos comentarios. Un saúdo

      Eliminar
  4. Xenial idea! A Vitoria encántalle cantar e bailar as cancions do cole en casa!! E a nos ter este recurso!! Gracias

    ResponderEliminar
  5. Gracias María, a verdade é que así facilítasnos o traballo de buscalas. Roque chega cada día cantando unha nova canción! Encántalle escoitalas e cantalas na casa.

    ResponderEliminar
  6. encántame que Diana saiba recoñecer as estacións de Vivaldi cando as escoita na radio

    ResponderEliminar