martes, 26 de novembro de 2019

25 NOVEMBRO. CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


A partir do conto "Enamorados", un conto que enternece o corazón, tanto polo seu texto como pola súa ilustración, os nenos e nenas aprenden que amar é cousa de sentimentos. Pero eses sentimentos só teñen sentido nunha dirección: a de facer feliz a quen se ama. 
No libro hai unha extraordinaria reflexión sobre o qué para os nenos e nenas estar namorados/as. Na clase, antes da lectura do libro, tamén falamos o que é para nós estar namorado/a.

"Enamorados": Rébecca Dautremer Ed.: Kóninos 



Analizamos cada unha das respostas e propuxen, igual que no libro, outras opcións:
Se pode estar namorado/a pero non casado?
Se pode estar namorado/a e non ter un bebé?
Dúas chicas poden estar enamoradas? E dous chicos?
Todas as familias teñen papá e mamá?
Se pode estar namorado/a e estar separado/a?
Estar namorado/a é para sempre?

Chegamos á conclusión de que todo iso era posible.O que non acababan de creer era que Ernesto, o protagonista do conto, poida estar namorado cando a súa actitude non fai feliz a Salomé.







A canción "La puerta violeta" de Rozalem, i esta interpretación en lingua de signos, encantou a nenos e nenas dende o primeiro momento. Escoitamos e analizamos a letra da canción onde un monstruo gris: grita, rompe, agarra, apreta... E, unha nena asustada debuxa unha porta violeta para poder correr, saltar e rir nun campo verde moi lonxe de alí.
Nós tamén fixemos unha porta violeta onde fumos poñendo todas aquelas palabras que tanto Salomé, a nena da canción e todos e todas nós queremos que formen parte dunha relación de amor. E todas as que non queremos, as deixamos fóra desa porta violeta.








7 comentarios:

  1. Qué pasada! Hacéis un trabajo impresionante con los peques; todas las actividades que se les proponen, el enfoque que se les da, el mimo y el esfuerzo que hay detrás... Enhorabuena, sois un ejemplo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muchísimas gracias por estas palabras que emocionan y animan a seguir trabajando en esta línea. Un saludo

      Eliminar
  2. Gran traballo María, onte Roque chegou con moitas ganas de enseñarnos o Blog, para explicarnos o traballo que fixestes no cole, e falounos da porta violeta. Conseguides explicar temas tan difíciles como este dun xeito que a eles lles chega. Noraboa e gracias;

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Naría. Alégrame saber que todo este traballo lles chega aos nenos e nenas e o trasmiten ás familias. Son temas difíciles pero non imposibles de tratar e moi necesarios para construir unha sociedade o máis xusta posible. Grazas polas túas palabras que animan a continuar nesta línea. Un saúdo

      Eliminar
  3. Os nenos chegan a casa contándonos tantas cousas, tantas boas ensinanzas que eles están contentos e nos máis. Graciñas de verdade

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas a vós polos vosos comentarios e pola vosa confianza. Un saúdo

      Eliminar
  4. Un aplauso por todo o que estades a traballar e tan a fondo! Na casa agora falamos baixiño que, se non, estamos fóra da porta violeta.

    ResponderEliminar