sábado, 9 de xuño de 2018

CUMPREANOS MAIO

Este mes de Maio estivo David Varela de cumpreanos...o grupo dos 6 cada vez máis numeroso.


PARABÉNS DAVID!!!!!!


sábado, 2 de xuño de 2018

O AGASALLO DE BELINDA

A profe Belinda estivo en todo momento moi implicada co noso proxecto das abellas.

O seu papá tivo colmeas e coidaba abellas e quixo traernos algunhas das ferramentas que usaba para a nosa exposición de aula. 

Aínda que o seu papá non poido vir falar á escola, sí viñeron uns amigos que traballan en protección civil en Val do Dubra e que, entre outras cousas, buscan niños de velutina, unha amenaza para as nosas abellas. 

Moitas grazas a Belinda por esta bonita sorpresa e grazas a Uxío e Óscar por achegar o seu traballo á escola con tanto entusiasmo.






domingo, 13 de maio de 2018

VISITA Á GRANXA APÍPOLIS

Bonita e interesante experiencia foi a visita á granxa apípolis en Pontevedra que axudou a afianzar moitos dos coñecementos previos traballados na escola. E así nolo fixeron saber os monitores, dando a noraboa ao alumnado que contestaba con seguridade a moitas das preguntas que facían en relación ao mundo das abellas e da apicultura.


martes, 8 de maio de 2018

MAKING OFF. CÓMO SE FIXO "AS MANOPLAS DE CARAPUCHIÑA"

A continuación podedes ver o vídeo do making off da curta que presentamos ao "CONCURSO DE CURTAS DE ANIMACIÓN EN GALEGO NÓS TAMÉN CREAMOS!",promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e mais con OQO editora. 

 Todo o proceso, como poderedes ver, foi unha gran experiencia para o alumnado, principal partícipe na elaboración da curta, tanto na creación de persoaxes, escenarios, voces, texto como no mesmo proceso de realización de fotogramas a través do programa OQO Mottion facilitado pola editorial OQO.

Quen sabe si...algún ilustrador/ora, director/ora de cine ou mesmo actores e actrices do futuro sairán desta canteira de nenos e nenas.


ABEJAS DE MIEL

ZUMBA ZUMBA ABEJAS

martes, 1 de maio de 2018

OBTENDO INFORMACIÓN RELEVANTE

Aprender xa dende pequenos a seleccionar a información necesaria para algún tipo de traballo, é doado se saben cómo.
Primeiro tiveron que escoitar un vídeo duns 8 minutos no que se falaba do mundo das abellas e posteriormente, por grupos, debían lembrar aspectos importantes que  descoñecían sobre as abellas e o encargad@ de grupo tiña que ir apuntando nun folio as aportacións dos compañeiros.

Tanto o proceso como o resultado foi increíble para ser a primeira vez que o facían. Podédelo ver no seguinte video

AUTÉNTICOS INVESTIGADORES