domingo, 5 de abril de 2020

SEMANA SANTA. CAMBIOS NO CALENDARIO

OLA A TODOS E A TODAS

Esta semana que empeza NON HAI COLE. Bueno é un pouco raro por que sen cole levamos xa 3 semanas. Quero decir que si houbera cole esta semana non teríamos que ir por que é Semana Santa.

Así que  nesta semana non vou poñer traballos do cole. Tedes que marcar no voso calendario que estarei de volta o martes 14 de abril. Podédesme, de tódolos xeitos, seguir mandando fotos do que fagades, para logo poñelo no blog e así podervos ver e non perder o contacto.

Durante este tempo vouvos deixar un montón de contos que se poden imprimir ou ler directamente no ordenador, para que vos lean un conto polo menos ao día. Os podedes atopar en: AULA VIRTUAL / INFANTIL / RECOMENDACIÓNS DURANTE O PECHE / 4 ANOS / CONTOS INFANTÍS.

Nesta mesma AULA VIRTUAL tedes unha chea de actividades se queredes facer.

Por outro lado, a Profe Isa de 4 anos B, empezou un blog de aula cando empezamos a cuarentena, e dixo que si queriades tamén o podiades visitar. Ten un montón de actividades súper chulas. Podédolo atopar na barra da dereita do noso blog "Pequechos na nube". Eles son: "Nenúfares nas nubes".

Xa para rematar, hai algo que vos teño que decir que me vai poñer un pouco triste: temos unha nova data para a volta ao cole. Este virus maldito non quere aínda marchar e nós imos ter que seguir na casa outro tempiño máis. É por iso que tedes que marcar no voso calendario unha nova data: 27 de abril  para volvernos a ver no cole. Pero non vos preocupedes porque seguiremos véndonos no blog.

FELIZ SEMANA SANTA.

2 comentarios:

  1. Graciñas María polas actividades e ideas. A descansar e moito ánimo!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas e moito ánimo tamén para vós. Un día máis, un día menos

      Eliminar