xoves, 30 de abril de 2020

BUSCANDO EN GOOGLE EARTH

Clica na imaxe e accederás directamente á aplicación GOOGLE EARTH onde, de forma interactiva, podes visitar tódolos países do mundo. Podes incluso achegarte ata ver o noso cole, a túa casa, a túa praia favorita....
Non te esquezas e busca tamén África para ver si está lonxe ou perto de onde nós vivimos e dime qué medios de transporte podemos usar para ila visitar.

Unha vez que entres na páxina:
Utiliza os comandos + - (abaixo e a dereita) para aumentar e disminuir a imaxe.
Para mover o globo só terás que colocarte enriba, clicar co rato e mover a terra para onde queiras.
Na lupa (arriba e a dereita) podes escribir o lugar ao que queiras "viaxar"
ÁNIMO E.... A RECORRER O MUNDO ESTA FIN DE SEMANA!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario