domingo, 19 de abril de 2020

BEÑAT E UNHA HISTORIA EMOCIONANTE

Un día desta semana pasada Beñat e a súa mamá estaban almorzando cando unha parella de paxariños golpeáronse contra a fiestra. Ao saír da casa a mirar que pasara estaban nun banquiño tirados. A que crían que era femia non sobrevivu ainda que intentaron facerlle unha RCP... E o que crían que era o macho despois dun pouco de caloriña e descanso, recuperouse e marchou voando. Contan que foi moi emocionante velo voar e marchar!!! 
A súa parella enterráronna baixo un camelio que teñen na finca. 

NON VOS PARECE UNHA PRECIOSA HISTORIA ?



Ningún comentario:

Publicar un comentario