luns, 27 de abril de 2020

CAIXA DE TESOUROS DA NATUREZA

Nestas pequenas saídas que estades a facer, é moi probable, algúns xa o fixeron, que os nenos e nenas queiran recoller algún "tesouro" que atopen e levalo para casa.
Para iso, podemos propoñer un lugar onde gardar o que van atopando: unha caixa, un bote transparente, un álbum de fotos (podemos facer fotos dos tesouros), unha carpeta clasificadora...
É importante tamén establecer de antemán o tamaño das cousas que poidamos traer (cada familia deberá establecelo) e as cousas que podemos e non podemos coller.
No seguinte enlace tedes un interesante artigo que fala máis ampliamente dos beneficios destas coleccións e de cómo podemos coleccionar e clasificar.
ESTOU DESEXANDO VER OS VOSOS TESOUROS!!!
Clica na imaxe

Ningún comentario:

Publicar un comentario