A continuación podedes ver o ensaio da canción "Todos somos capitáns" que os nen@s de infantil interpretaron en lingua de signos, no patio da escola, para todos os nenos e nenas do Quiroga Palacios.
A continuación podedes ver a interpretación da canción "QUERO O NADAL" en lingua de signos que fixeron os nenos e nenas de 5 anos b.
GRAZAS, COMA SEMPRE, ÁS COMPAÑEIRAS IRENE E TAREIXA ( mediadora e intérprete da ONCE) que axudaron a signar a canción.
Despois de conseguir o 1º premio de portas do Samaín na categoría de Educación Infantil, toda a clase estaba ilusionada coa decoración da porta para Nadal.
Por votación decidiuse que se faría un Papá Noel e tamén por votación saíu Jorge de modelo para facer a silueta.