A continuación podedes ver o ensaio da canción "Todos somos capitáns" que os nen@s de infantil interpretaron en lingua de signos, no patio da escola, para todos os nenos e nenas do Quiroga Palacios.
Nas entradas ao colexio podedes ver os murais feitos polos nenos e nenas do Quiroga. No primeiro participaron todos os alumnos/as de Infantil enchendo as palabras PAZ e PEACE de debuxos referidos ao universo. E no segundo coa participación de todo o alumnado do colexio.
Con motivo da celebración do "Día escolar pola Paz" todo o colexio está preparando a canción "Ven conmigo" de María FumaÇa.
A continuación presentamos o vídeo que grabaron Irene e David ,mediadora e intérprete da ONCE signando a canción.
Podedes tamén practicar na casa co resto da familia...non é tan difícil!!!
GRACIAS IRENE E DAVID POR FACER O NOSO TRABALLO MÁIS DOADO