mércores, 28 de marzo de 2018

CUMPREANOS DE MARZO

PARABÉNS SAMUEL. 
XA TEMOS 6

ACTIVIDADES PLÁSTICAS

EDUCACIÓN VIARIA

Este curso volvemos ter a visita da Policía Local para darnos unhas charlas teóricas sobre educación viaria e sobre todo unhas clases prácticas que o que máis nos gusta de todo. Este ano renovaron o parque móvil e esas bicicletas sen ruedines encantáronnos.

Moitas grazas á parella da Policía Local que ano tras ano demostran un entusiasmo polo gran traballo que están a facer polas aulas cos nenos e nenas.


martes, 6 de marzo de 2018

NÓS TAMÉN CREAMOS. PLAN PROXECTA


A continuación podedes ver como imos avanzando co noso proxecto de elaboración dun corto a partir do conto "As Manoplas de Carapuchiña".
O primeiro que fixemos foi a elaboración dun traumátropo (xoguete visual) para entender o cine nos seus comenzos. A continuación fixemos o guión gráfico ou storyboard coas secuencias máis importantes do corto e por último comenzamos coa elaboración de persoaxes e escenarios. 



A IMPORTANCIA DA LECTURA

Os nenos e nenas de 5 anos B xa saben que leer é algo moi importante e que nos acerca cada vez máis ao mundo dos maiores. Respetando o ritmo de cada un lemos diferentes textos. Con motivo do día de Rosalía, o venres 23 limos a canción de "Rosalía Pequeniña" que días anteriores foi ilustrada e escrita por todos os nenos e nenas de infantil e que podedes ver nas ventás que dan ao patio cuberto.

No video podemos ver a nenos e nenas que len de maneira convencional, outr@s que só identifican algunhas palabras, outr@s recoñecen algunhas letras.

Pero o que sí vemos en tod@s é a importancia que  lle dan a este e a outos momentos de lectura e o respeto que todos e cada un deles teñen polo ritmo e as diferencias dos demais.