Amosando publicacións coa etiqueta lentellas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lentellas. Amosar todas as publicacións

domingo, 18 de xuño de 2017

MEDRARON AS LENTELLAS!!!!

Mirade que hermosas están as prantas de lentellas e que bonitas quedaron as súas macetas personalizadas... 
E agora xa só tedes que seguir coidando delas na casa ou agasallar a alguén que teña horto para que sigan medrando.


domingo, 11 de xuño de 2017

XERMINARON AS LENTELLAS!!!!

Vaia sorpresa levamos o venres ao chegar a nosa aula!!!!! 

As lentellas que tiñamos no plato con papel mollado e no vaso con algodón húmido xa xerminaron. Iso significa que as que temos na terra tamén, aínda que non as poidamos ver ata que asome o talo.
Só tardaron 2 días, como podedes ver no rexistro de aula, o sol e a calor axudaron no proceso.
Poidemos observar claramente como por un lado da lentella sae a raíz e polo outro lado o talo coas follas.