domingo, 11 de xuño de 2017

XERMINARON AS LENTELLAS!!!!

Vaia sorpresa levamos o venres ao chegar a nosa aula!!!!! 

As lentellas que tiñamos no plato con papel mollado e no vaso con algodón húmido xa xerminaron. Iso significa que as que temos na terra tamén, aínda que non as poidamos ver ata que asome o talo.
Só tardaron 2 días, como podedes ver no rexistro de aula, o sol e a calor axudaron no proceso.
Poidemos observar claramente como por un lado da lentella sae a raíz e polo outro lado o talo coas follas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario