luns, 12 de outubro de 2020

RECUNCHOS

Este curso, e seguindo o protocolo establecido pola Xunta, o momento de recunchos facémolo de forma individual sen poder compartir o mesmo material no mesmo día. Así cada día un dos grupos de convivencia serán os que accedan aos distintos recunchos mentras o resto debe permanecer nas mesas con material individual escollido libremente (puzzles, material de construcción, de lóxica matemática, de lectoescritura, de xogo simbólico...)
A limpeza de mans antes e despois dunha actividade e unha rutina que xa teñen interiorizada este curso.

















sábado, 3 de outubro de 2020

TOMANDO NOTA

 Todos e todas descubrimos con esta pandemia que había cousas que cambiar e que moitos deses cambios chegaban para quedarse.

Nas escolas non ía ser distinto. Como mestra estou a descubrir que é posible facer entradas e saídas escalonadas e relaxadas sen necesidade de formar filas e que as mestras poidamos recibir a nenos e nenas cun sáudo e sorriso individual, diferente para cada un deles.

Tamén os espazos de recreo e lecer están sendo mellor aproveitados ao non ter que ser compartidos cun excesivo número de alumnado onde non compartimos xoguetes pero aprendemos outro tipo de xogos e interaccións.

Haberá que tomar nota.


 




sábado, 26 de setembro de 2020

XA CHEGOU O OUTONO

 Durante este curso, e oídas as recomendacións sanitarias priorizando as merendas e actividades no exterior, tentaremos saír  en dous momentos da mañá. Cando o tempo o permita contaremos con máis espazos que tentaremos utilizar, tanto dentro do recinto escolar como fora. Cando chova usaremos o patio cuberto.

RECOLLIDA DE FOLLAS

  


 MERENDA NO "AUDITORIO" CANDO A HERBA ESTÁ MOLLADA PARA SENTARSE

         
   
XOGOS E EXPLORACIÓN DA CONTORNA


     
TRABALLO COAS FOLLAS RECOLLIDAS


















mércores, 9 de setembro de 2020

COMENZAMOS! CURSO 2020/2021

Gustaríame compartir con todas e todos vós esta fotografía que nos envía Martín.

O seu cactus, agora que comenza o curso, móstrase cheo de vida.

Non pode ser mellor sinal.

BENVIDOS/AS AO CURSO 2020/2021



 

mércores, 1 de xullo de 2020