mércores, 18 de marzo de 2020

19 DE MARZO

ANÍMASTE A CONSTRUIR UNHA MÁQUINA DE SUMAR?

Na nube tedes moitos exemplos de máquinas de sumar. Eu poño esta que parece moi sinxela pero cada quen podea facer como queira



Na clase estamos acostumad@s a sumar tódolos días aos nenos e ás nenas que faltan ao cole cando facemos a Asamblea. Agora poden sumar todo o que se lles ocorra (bolas,tapóns,fabas,botóns...)  e usar os números que teñen na caixa de números ou os que tedes para imprimir no cartafol de lóxica matemática no AULA VIRTUAL.




EU QUEDO NA CASA


BO DÍA

martes, 17 de marzo de 2020

SAUDAMOS EN LINGUA DE SIGNOS

Tareixa fixo un video para aprender a saudar e decir o noso nome. Se queredes podedes grabar o voso video e mandarmo.

ÁNIMO E BO DÍA...HOXE SAE O SOL!!!!!

 

18 DE MARZO

XOGO DA OCA DE LETRAS

Hoxe propoño un xogo moi divertido para poder usar calqueira día desta cuarentena.
No Aula Virtual do cole, en 4 anos e dentro do cartafol de LECTOESCRITURA podedes descargar e imprimir o "XOGO OCA LETRAS".
Para xogar só necesitades un dado e unha ficha (boneco, coche...) para ir avanzando en cadrados segundo o número que sae no dado.
Cando caemos nun cadrado debemos decir un nome da clase que empece por esa letra (quen o precise pode utilizar a caixa dos nomes como axuda).


Tedes moitísimas opcións para este xogo segundo as necesidades e os gustos de cada quen:

- Podedes usar outra categoría de nomes: "animais" por exemplo (se tedes a caixa de tarxetas preparada moito mellor para poder usar. Lembrade que cos nomes da clase lles resultará máis doado xa que están máis afeitos)
- Podedes usar as consignas que aparecen ao final do taboleiro: palabras que conteñan esa letra, palabras que rematen con esa letra...
-Poden, cando caen nunha letra, decir a palabra pero tamén a poden escribir.
-Poden usar dous dados e sumar o resultado antes de avanzar coa ficha.
-Podedes imprimir dúas veces o taboleiro do xogo para que sexa máis longo.
-....

*Na entrada anterior do blog tedes un tutorial para entrar na aula virtual



TITORIAL PARA ENTRAR NO AULA VIRTUAL

Aquí deixo un titorial para que poidades entrar no aula virtual do cole.


AULA VIRTUAL

Ademáis do blog de aula podedes acceder á AULA VIRTUAL na web do colexio onde atoparedes máis recursos e material para traballar na casa.
Tedes as instruccións para acceder na páxina web (acceder como CONVIDADO)
Lembrade que dende aquí podedes imprimir directamente algún material.

ACTIVIDADES LECTOESCRITURA


Na casa de Martiño xa fixeron a caixa de nomes e agora están poñendo etiquetas a outras cousas que teñen pola casa: "os animais de xogar". 



Podedes facer caixas con tarxetas de todo tipo. Algunhas tarxetas pódennas facer eles e outras podédelas facer vós para non cansalos demasiado.

Animádevos a facer máis actividades e a compartilas cos demáis.

Xa veredes cánto son capaces de ler e escribir!!!