Amosando publicacións coa etiqueta dia de rosalia de castrro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dia de rosalia de castrro. Amosar todas as publicacións

martes, 22 de febreiro de 2022

DIA DE ROSALÍA: 23 DE FEBREIRO

                 O 23 de febreiro pasa a ser o Día de Rosalía, conforme ao día do nacemento da escritora acreditado polo traballo da investigadora Sagrario Abelleira, que acreditou con documentación que esa foi a data na que naceu a autora. O cambio da efeméride foi anunciado polo presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, despois da reunión mantida hoxe na Casa-Museo de A Matanza, en Padrón, e na que participaron as institucións e entidades implicadas na celebración do Día de Rosalía, que ata agora era o 24 de febreiro, data do bautizo da escritora.