martes, 22 de febreiro de 2022

DIA DE ROSALÍA: 23 DE FEBREIRO

                 O 23 de febreiro pasa a ser o Día de Rosalía, conforme ao día do nacemento da escritora acreditado polo traballo da investigadora Sagrario Abelleira, que acreditou con documentación que esa foi a data na que naceu a autora. O cambio da efeméride foi anunciado polo presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, despois da reunión mantida hoxe na Casa-Museo de A Matanza, en Padrón, e na que participaron as institucións e entidades implicadas na celebración do Día de Rosalía, que ata agora era o 24 de febreiro, data do bautizo da escritora.     

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario