venres, 13 de outubro de 2023

COMENZAMOS NOVO CURSO

 Xa levamos un mes de curso e xa collimos a dinámica de traballo do curso pasado.

Sempre costa á volta de vacacións e sobre todo das vacacións de verán pero xa estamos de novo ben asentados e asentadas.

Temos nova aula no andar primeiro que iredes coñecendo a medida que iades vindo ás titorías.

A dinámica de traballo vai na mesma línea que estes cursos pasados, sempre avanzando un pouco máis a medida que cumplen anos.

Lembrar cómo se escriben os nomes dos compañeiros e compañeiras foi unhas das primeiras tarefas do curso. Fixémolo xogando ao encrucillado, repasando as letras que levan e aproveitando para xogar tamen coas nosas fotos e corpos imaxinarios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario