luns, 30 de marzo de 2020

POÑEMOS UNHA LAVADORA?

Seguramente esta semana haberá que poñer unha lavadora.

Podedes axudar a mamá ou papá a poñela e así descubrir cómo funciona:
Que precisa para funcionar? 
A qué temperatura está a auga? (podemos comprobar a temperatura cun termómetro nunha pota con auga quente)
Que tipo de programa ides poñer? Por que?
Canto tempo dura o lavado que ides poñer?
Que roupa metemos nese lavado? temos que separar a roupa?


Unha vez rematado o lavado axuda a colgar a roupa. Se tedes secadora tamén podedes preguntar cómo funciona.

Unha vez seca a roupa podedes axudar a envolver os calcetíns. Lembra que tes que xuntar os pares que son iguais e pedir axuda a un adulto para que te ensine a envolvelos.

Xa por último, só tedes que gardar a roupa doblada no seu lugar.

SE FAS TODO ISO TERÁS O PREMIO AO MELLOR AXUNDANTE/AXUDANTA DA CASA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario