xoves, 26 de marzo de 2020

ESTÁS CONFUNDID@, RABIOS@, TRISTE, ALEGRE?

O Mounstro de Cores tampouco pode saír da casa para non atopar ao Coronavirus. Nestes días nos que non pode saír da casa as súas emocións pasan dunhas a outras en diferentes momentos do día. Ao principio estaba confundido, noutros momentos triste, ás veces rabioso pero tamén se atopa moitas veces en calma e feliz.
Seguro que todos e todas vós tamén os atopades ás veces así.


 

Eu hoxe, por exemplo, estou un pouco rabiosa por non poder saír á rúa. Teño ganas de berrar pola ventá ben forte e tirar todo o que atopo polo camiño, pero tanto eu coma vós sabemos controlar esa rabia. Asi que, cando vos atopedes rabios@s coma eu,  podedes debuxar un coronavirus nun papel, pintalo con moita rabia e gardalo nunha caixa ben pechado, podedes poñer unha canción ben chula e bailar, darvos un baño quentiño e pedirlle a mamá ou a papá que vos dean unha masaxe beeeeeeeeen relaxante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario