domingo, 27 de xaneiro de 2019

CUMPLEANOS DE MARTIÑO

EN XANEIRO CUMPRE ANOS MARTIÑO, O PRIMEIRO DO ANO, O PRIMEIRO EN CUMPRIR 4.

PARABÉNS AO MAIOR DA CLASE!!!!!









"CANTARELA DOS NENOS" LSE ADAPTADA

Levamos xa días practicando a canción que imos cantar os nenos e nenas para celebrar o día da Paz. Grazas a tareixa que nos fixo unha adaptación en lingua de signos tamén estamos a aprender algúns deles.
Aquí podedes escoitar, ver e signar a canción de "Cantarela dos nenos" unha adaptación dun poema de Xosé Neira Vilas.


xoves, 20 de decembro de 2018

"BUSCANDO UNHA ESTRELA"

Hoxe tocaba interpretar as panxoliñas que os nenos e nenas de infantil estivemos preparando durante semanas en lingua de signos. En 3 anos preparamos "Buscando unha estrela" distribuindo as tres aulas nos 3 grupos de animais que aparecen: pitiños, gatiños e peixiños(a nosa aula). Por motivos de seguridade só grabei o grupo de 3 anos que sei teñen todas as autorizacións para o blog. Pero aínda que non se vexa fixeronno tod@s XENIAL!!!!!!





luns, 10 de decembro de 2018

CARIÑAS DE OUTONO

Grazas aos desdobles de aula que facemos os mércores á primeira hora (cada semana a metade da aula vai á biblioteca do cole coa profe Mari) podemos facer actividades coma a que ides ver no vídeo. 
Outras veces aproveitamos para pintar con témpera ou outras actividades que resultan moi complicadas de facer con todo o alumnado dentro do aula.