Hoxe celebramos o cumpreanos de Karim, que aínda que cumpre anos en verán, xa marcha agora de vacacións e non queremos deixar de celebralo con el.
PARABÉNS KARIM
XA TES 5!!!
Hoxe celebramos o cumpreanos de Karim, que aínda que cumpre anos en verán, xa marcha agora de vacacións e non queremos deixar de celebralo con el.
PARABÉNS KARIM
XA TES 5!!!
Algúns dos nosos vermes de seda xa fixeron os seus casulos. Agora comeza o maravilloso proseso da metamorfose. Esperemos que antes de que remate o cole poidamos ver algunha polilla saír.
Hoxe tivemos a charla dunha mamá experta en pel que nos falou dos beneficos de tomar o sol pero tamén dos problemas que podemos ter se non nos protexemos axeitadamente!!!!!
XA TEMOS O DIPLOMA DE EXPERTOS EN PEL!!!!
Os nosos vermes de seda non paran de medrar porque non paran de comer follas de moreira. Iso é o que teñen que facer para que poidan construir o seu casulo antes de que remate o cole e poder ver como nace a bolboreta e poñe os ovos. De este xeito o ano que ven poderemos ver de novo todo o proceso.
Ao comenzar o bo tempo procuraremos, na medida do posible, facer algunha saída ao parque que se atopa enfrente do cole. Acompañadas pola mestra de psicomotricidade aproveitaremos para facer a súa clase, merendar e xogar coa area e nos columpios.
Unha das tarefas que facemos tódolos días cando saímos ao patio de columpios e revisar o horto en busca de amorodos para recoller antes de que os coman os paxaros. Despois de lavalas xa as comemos no mesmo patio que é como mellor saben.