Amosando publicacións coa etiqueta natureza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta natureza. Amosar todas as publicacións

domingo, 14 de xuño de 2020

CARME

OLA MARÍA,
Hai uns días fun de excursión.
Collín paus e pedras, fun a un rio moi chulo onde tirei pedras e vin como se facían ondas na auga ao tiralas. E, ¿sabes que? de camiño ao rio vin unha tobeira onde vive un raposo e tamén pegadas de xabaríns. E collín caracois e flores... Este ramo de rosas, loureiro e fiúncho é para ti, María e máis para os meus compañeiros.
BICOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOS💚💜💗



VITORIA & ÁNXELA

Por fin puidemos ir ver os avos e as primas!! 
O reencontro foi moi emocionante! Pasamolo en grande! E ata lle dimos de comer as galiñas e recollimos os ovos que puxeron!! 😄
Que ben! Por fin puidemos ver tamen os outros  avos!!! Dar un largo paseo a beirarrua do mar e xogar con mais primas!!! 
Ademáis, esta semana naceron os poliños do nido que uns paxariños fixeron no garaxe de casa!!! e son tres!!!! 😍--



xoves, 11 de xuño de 2020

MARTIÑO

Hola, María, nestes días estamos a disfrutar un montón!
Coa calor decidimos baixar ao parque de diante de casa cun capacho, regadeiras e o pasamos xenial. Paseamos pola veira do Sarela, puiden xuntarme coa miña curmá Alma e vimos as vacas Cachenas(a da foto, era a miña amiga, deixábase acariñar moito😍)
 O meu amigo Max cumpriu ✋🏼 e fixo unha Festa Pirata no parque Eugenio Granell e estivemos a atopar un grande tesouro agochado polo Capitán Barbachunga.
Polo camiño ao Castelo da Rocha, tropezamos cunha cría de serpe que miña nai chama "escancer"... parecía de ouro!
E nesta fase 3, despois de 3 meses, puiden apertar moito moito aos meus avós...canto os extrañaba!


E tamén piruetas en Galeras
Ah! E ao lado da casa, cando chove, se forman 4 charcos que dende ven cativo vou saltar...e nestes días de peche, cando me deixaron sair...púxenme ata arriba😂