Amosando publicacións coa etiqueta horario. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta horario. Amosar todas as publicacións

domingo, 15 de marzo de 2020

RUTINAS DIARIAS

BO DÍA.


Recomendo cos nenos e nenas manter unha rutina diaria polas mañás, cuns horarios máis ou menos flexibles de luns a venres, respetando o fin de semana que sería excepcional.

A continuación suxiro un exemplo:

1.- ALMORZO

2.- ASEO

3.- VESTÍMONOS

4,- LIMPEZA DE HABITACIÓN. Axudamos a:
        -Airear habitación
        -Facer cama
        -Recoller roupa...

5.- CALENDARIO : sería interesante que tódolos días marquen no calendario o día no que están e anoten fechas importantes: unha pode ser a do fin da cuarentena indicando que iso pode cambiar e nese caso volveremos a anotar a nova data (esperemos que non se de o caso). Podemos añadir tareas como poden ser: Felicitar cumpreanos de seres queridos, videoconferencia coa avoa, chamar a un amigo/a, celebrar unha festa na casa, lavar bonecos...

6.- ACTIVIDADE DE LECTOESCRITURA OU LÓXICA MATEMÁTICA (máximo 30 minutos)

7.- XOGO LIBRE (30 minutos)

8.- LAVADO DE MANS

9.- MERENDA

10.- ACTIVIDADE FÍSICA: baile, saltos, carreiras, circuitos, xogos coa pelota... (30/50 minutos))

11.- EXERCICIOS DE RELAXACIÓN (5/10 minutos)

12.- ACTIVIDADE PLÁSTICA (30 minutos)

13.- RECOLLIDA DE MATERIAL

14.- LAVADO DE MANS

15.- POÑEMOS MESA

16.- A COMEEEEEEEEEEEEEEEEER