Amosando publicacións coa etiqueta día do libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día do libro. Amosar todas as publicacións

domingo, 5 de maio de 2024

DÍA DO LIBRO

 Con motivo do "Día do Libro", todo o cole participou na xornada de "Apadriñamento lector", na que grandes e pequenos disfrutan do intercambio de libros e lectura.

Grazas ao bo tempo, poidemos celebralo nun dos parques do barrio.



mércores, 26 de abril de 2023

APADRIÑAMENTO LECTOR

 Con motivo do Día do Libro (23 de Abril) recuperamos unha actividade que viñamos celebrando cada ano antes da pandemia e que sempre gustaba a maiores e pequenos.

O grupo de 4 anos A saíu acompañado polos nenos e nenas de 6ºB. Como finalmente caían unhas pingas en vez de sair ao parque tivémolo que facer no patio cuberto.









mércores, 22 de abril de 2020

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Hoxe xoves, 23 de abril,celebramos o DÍA DO LIBRO
Tódolos anos, nesta data, moita xente ten por costume agasallar a alguén querido cun libro e cunha rosa.
Pois se vos gusta a idea, podedes facer unha ROSA-LIBRO, para agasallar a algúen neste día.
Podedes escribir unha poesía, unha adiviña, un conto, unha canción...
A continuación vouvos dar os pasos a seguir con fotografías.
Se queredes, ao final, podedeslle añadir un talo cun pao, lápiz...
...E LISTO PARA AGASALLAR
Feliz Día do Libro







luns, 6 de maio de 2019

APADRIÑAMENTO LECTOR

Con motivo do día do libro, e aproveitando o bo tempo, o xoves realizamos una actividade que xa vimos facendo anos atrás con todo o alumnado do centro.

Consiste en que cada nen@ trae da casa un conto que lle gustara de pequen@ e os de infantil un conto que lles guste agora. Os maiores fan de padriños ou madriñas dun pequen@ e saímos todo ao parque a ler.







mércores, 1 de maio de 2019

DÍA DO LIBRO

Con motivo da celebración do "Día do Libro" o martes 23 de abril inauguramos a nosa "Biblio-patio" tanto en Infantil como en primaria, para poder desfrutar dos libros na hora do recreo e no patio.






Aproveitando o espurgo que se fixo na biblioteca, tamén agasallamos ese día cun libro ao alumnado.